Excelentes resultados de CCOO Servizos na súa primeira candidatura en FREMAP Pontevedra
CC.OO. Servizos estrea a súa representatividade cun gran resultado nas eleccións celebradas hoxe martes, 29 de novembro. Nos catro
centros de Fremap na provincia da Pontevedra (VilagarcÃa, Porriño, Vigo e Pontevedra) obtivo dous delegados, UGT tres e CSIF catro. Cabe salientar que as diferenzas de votos foron mÃnimas, con só un de diferenza respecto a UGT.
CC.OO. pasa a ter dous representantes, resultado que o sindicato entende como un
recoñecemento das traballadoras e traballadores da empresa ao traballo
realizado por CCOO.
Desde CCOO
queremos agradecervos ás traballadoras e traballadores de Fremap Galicia a confianza depositada nesta organización.
Convenio Comercio Alimentación provincia de Pontevedra: xornadas de folga e mobilización os próximos dÃas 5 e 7 de decembro
Nas asembleas celebradas no dÃa de hoxe para valorar a situación do convenio de Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra, cunha participación de máis de 200 persoas, presentouse por parte dos catro sindicatos presentes na mesa de negociación a última proposta da patronal.
A patronal maioritaria (ASAP) expuxo na última reunión, coa presenza dos mediadores do AGA, a seguinte proposta, na que a premisa é a conxelación da antigüidade: Segue
Asemblea urxente: Información Convenio Comercio Alimentación (Vigo e Pontevedra)
Despois da última asemblea informativa sobre a situación do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación de Pontevedra, as centrais sindicais representadas na mesa de negociación, CCOO, CIG, UGT e USO, despois de varias reunións e unha mediación, vémonos na obriga de convocar ASEMBLEA URXENTE para explicarvos en que situación se atopan as negociacións.
ASEMBLEA EN VIGO: DÃa 27 de novembro ás 11:30 hrs. nos locais da CIG, Rúa Gregorio Espino, 47
ASEMBLEA EN PONTEVEDRA: DÃa 27 De novembro ás 11:30 hrs. nos locais sindicais, Rúa PasanterÃa.
É IMPRESCINDIBLE A VOSA PARTICIPACIÓN, ACUDIDE!
¡POR UN CONVENIO DIGNO, POR UN CONVENIO XUSTO!
Concentración polo Convenio Contact Center: a prol do desbloqueo da mesa de negociación
A patronal non acudiu á mesa de convenio do dÃa 17 e desde CCOO parécenos lamentable que coa xornada de folga convocada para o luns 28 de novembro sigan desaproveitando as opcións previas para reconsiderar algunhas das posturas expostas e poder chegar a algún acordo.
Isto non fai máis que reforzar a alternativa da folga, xa que o persoal está farto desa postura inmobilista e despectiva ante as reivindicacións por un convenio xusto. AsÃ, o 28 de novembro #ColgamosLosCascos para que a caÃda dos servizos das empresas clientes faga reflexionar á patronal.
Hoxe, en Coruña e Vigo celebráronse concentracións reclamando o desbloqueo das negociacións e para facer pública unha vez máis a realidade diaria dun sector precario e empobrecido.



_edit.gif)







