A declaración de Zona de Gran Afluencia TurÃstica nunha Cidade non pode supor a precarización do emprego e a perda de dereitos
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia quere saÃr ao paso das declaracións vertidas na prensa por parte da Patronal de Grandes Almacéns (ANGED), nas que vén dicir que deixar fóra das devanditas zonas ás grandes cadeas de distribución evita a competitividade das tendas fÃsicas vs tendas online e evita a creación de centos de postos de traballo que serÃan necesarios para atender un horario comercial máis amplo.
É necesario aclarar que a Patronal ANGED xa vén pedindo desde hai moitos anos a liberalización total do comercio e só grazas ao rexeitamento dos Sindicatos e do Pequeno Comercio se puido evitar.
Esta Patronal sempre argumenta que esta liberalización vai crear emprego, e con todo, ano tras ano o que fai é precarizar a situación no sector, asinando convenios cos seus sindicatos afÃns que van minguando as condicións de traballo nos centros. Só no último convenio pasouse a aumentar a xornada en 28 horas anuais e deixar de remunerar os domingos e festivos pasando a traballarse coma se dun dÃa máis se tratase (co que nos podemos imaxinar en que situación nos quedariamos se, como pretenden, nos fan abrir todos os domingos e festivos do ano). Segue
Xuntanza de delegadas e delegados de Alcampo Galicia
No dÃa de hoxe reunÃronse nos locais de CCOO en Santiago, os delegados e delegadas de ALCAMPO de Galicia.
Este ano finaliza a vixencia do Convenio Colectivo de Grandes Almacéns,(ANGED), polo que desde a Federación de Servizos de Galicia iniciamos xuntanzas de todos os delegados/as para preparar estas negociacións.
O obxetivo desta xuntanza :
-
Debatir e propoñer os temas e puntos para a negociación.
-
Elaborar puntos para incluir na plataforma de CCOO.
-
Información e traslación da negociación.
Todos os acordos aos que se chegue trasladaranse á Sección Sindical Estatal, para que, en coordinación co resto de Seccións Sindicais Estatais, elabore a plataforma e negociar o próximo convenio.
CCOO Servizos gaña as eleccións en TEMPE (Grupo Inditex) A Coruña
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as primeiras eleccións sindicais celebradas en Tempe, que se celebraron o dÃa trece de maio. A candidatura proposta polo sindicato logrou unha delegada, mentres que CIG non conseguiu representación a pesar de propoñer dúas candidatas.
CCOO Servizos gaña as eleccións en Coop. Las RÃas A coruña e revalida a súa maiorÃa
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais celebradas onte en Cooperativa Las RÃas. A candidatura proposta polo sindicato logrou tres delegados de persoal, sendo a única que se presentou.










