O 53% do plantel do sector secundou os paros convocados para o día 23 por CCOO

Os traballadores e traballadoras de Contact Center presionan á patronal para desbloquear o Convenio

A negociación do novo Convenio leva atrancada 20 meses a pesar de que desde CCOO se expuxeron multitude de propostas co fin de chegar a un acordo coa patronal.
            Con todo, para esta hai tres escollos fundamentais. O tema salarial, onde CCOO pide que a subida de 2016 sexa desde o 1 de xaneiro, non desde firma de convenio; a subcontratación por ETT's ou Multiservicios, onde o sindicato quere equiparar os seus dereitos laborais; e outro escalado de horas médicas, un tema no que CCOO propón que se inclúa o acompañamento até os 14 anos.
            Hai convocados novos paros para o xoves 29 de Setembro e unha folga de 24 horas o xoves 6 de outubro se a patronal non rectifica.

Imaxes das concentracións do día 23 en Galicia:




Acórdase a celebración dunha reunión semanal para avanzar na negociación

Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña: non imos negociar retrocesos

O día 23 de setembro, a representación da Federación de Servizos participou nunha nova reunión na mesa de negociación do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña.

Tras varias reunións anteriores de intercambio das plataformas de cada unha das partes, por fin entramos en materia.

Ao comezo da reunión, como declaración previa de intencións e tras analizar detalladamente a plataforma presentada pola patronal, a representación de CCOO deixou claro que a negociación deste convenio ten que pasar por mellorar as condicións do convenio, pero xamais entraremos a discutir condicións que empeoren o actual.

Nesta reunión empezamos a tratar artigo por artigo cada un dos diferentes capítulos do convenio, falando principalmente de contratación, categorías e xornada, adquirindo ademais o compromiso dunha reunión semanal para poder avanzar na negociación.

CCOO incidiu primordialmente nesta reunión no grave problema do sector con excesos de xornada e horas extras non abonadas, ademais da situación de precariedade dos contratos de tempo parcial, presentando solucións mediante a colocación de sistemas de fichaxes ou consolidación de horas complementarias para que a xente de tempo parcial poida chegar a ter unha xornada completa e regulada.

https://www.facebook.com/ServizosCCOO

https://twitter.com/servizosccoo


Convocatoria e normas do Proceso Congresual da Federación de Servizos de Galicia

O Consello Federal reunido o 14 de setembro de 2016 procedeu á convocatoria do II Congreso CC.OO. Servizos de Galicia, que terá lugar en Santiago de Compostela o trece de marzo de 2.017.

O proceso congresual iniciarase o día doce de decembro de 2016 coas asembleas de primeiro nivel e, en sentido ascendente, culminará coa celebración do II Congreso da Federación de Servizos de Galicia.

Na documentación queda anexado con data 20.09.2016 o documento específico de contido organizativo sobre o desenvolvemento do proceso .

Anexo GL Anexo ES



Por un convenio xusto

Concentración en A Coruña polo Convenio Colectivo de Contact Center

Enmarcada na convocatoria de concentracións en todo o Estado, hoxe xoves 15 de setembro, manifestámonos na Coruña, a carón do Obelisco por:

  • Un salario digno

  • Estabilidade e seguridade laboral

  • Finalización da precariedade

  • Cumprimento da lei

  • Limitación das subcontratas

  • Desenvolvemento da igualdade e conciliación

Despois de dous anos negociando, a patronal ignora as propostas presentadas. 

Circular

 


A Federación de Servizos convoca a unha asemblea aos seus delegados das comarcas de A Coruña e Ferrol

Coa finalidade de expoñer a situación actual da Federación de Servizos de Galicia aos delegados das comarcas de A Coruña e Ferrol, convócase unha asemblea que terá lugar o próximo 21 de setembro ás 11:00 no salón de actos do Edificio Sindical de A Coruña, Av. Alfonso Molina, km 2, planta baixa.