A Patronal segue enrocada nas súas posicións lesivas para os traballadores

Nova reunión do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña

 O mércores 6 de setembro mantivemos unha nova reunión do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña.

O punto primordial da reunión era pedir que a patronal clarificase a pseudo-plataforma que entregou na reunión anterior que non detallaba as pretensións que tiña respecto a cada un dos apartados negociables: salarios, xornada, contratación, etc.

Unha vez detallada a Plataforma Patronal, xa nos queda clara a súa intención de modificar todos os aspectos do convenio. Poñemos como exemplo das súas pretensións as seguintes:


Unha vez máis, mobilizarse e visibilizar os conflitos, dá resultados

CCOO Servizos e UGT conseguen desbloquear a situación das empregadas e empregados de ALN (Contact Center) Coruña

No día de hoxe firmouse un ERE extintivo dentro de concurso cunha indemización de 20 días por ano, que sufragará o FOGASA. Co fin de axilizar o proceso non se fixo uso do período de consultas e procedeuse a entregar ao xuíz o acordo xa firmado. Deste xeito, as traballadoras e traballadores do ALN Coruña saen do "limbo" laboral no que se atopaban ata o de agora, xa que non tiñan carga de traballo, nin salarios, nin tampouco podían abandonar o seu posto.

Ademais conseguiuse un permiso retribuido ata que o xuíz dictamine e que se abonen as pagas extras atrasadas.


Catro partidos políticos votan unha moción conxunta en solidariedade con ALN Coruña

Tal como relatabamos o 15.06.2016, a situación das traballadoras e traballadores de ALN na Coruña segue a ser de total indefensión. Por ese motivo dende CCOO Servizos promovimos no día de onte unha moción no Concello de A Coruña a cal foi votada favorablemente por PSOE A Coruña, Marea Atlántica, BNG da Coruña,. e Partido Popular da Coruña.


En prensa:


Todos os sindicatos denuncian que se rescindan contratos baixo a acusación de "baixa productividade"

Readmisión despedidos BBVA. Ante a súa agresión, a nosa resposta Colectiva

BBVA procedeu a despedir, sen apertura de Expediente Disciplinario previo, e por tanto en clara situación de indefensión, a 14 persoas á vez, baixo a acusación de "ruptura da boa fe contractual, por baixa produtividade". Maioritariamente ocupaban postos Comerciais, aínda que tamén hai algún GAC, todos na Rede de Oficinas.

Que se despediran a dúas persoas por Territorial, coa excepción de 3 no Centro e 1 en Canarias, xa dá unha idea clara de que esta medida non ten nada que ver coa obxectividade nin coas persoas afectadas. Estamos ante unha agresión directa contra o emprego do conxunto do persoal. Buscan preparar o terreo e AMEDRENTAR ao conxunto de traballadores e traballadoras do BBVA. A orixe desta forma de actuar é consecuencia da mediocridade e incapacidade dos directivos do banco. Lonxe de asustarnos, só cabe responder coa contundencia que o momento require.

Por ese motivo nos manifestamos, ao igual que outras capitais de provincia, onte en A Coruña:



Empregados coruñeses dunha firma de telemárketing de León afirman que están «secuestrados»

"Imos ao traballo, sen cobrar e sen nada que facer"

"La Voz de Galicia" publica hoxe unhas declaracións de Pilar Pérez delegada de CCOO Servizos e presidenta do comité de empresa de ALN na Coruña nas que explica a situación de 55 traballadores da empresa que viron como a situación laboral se foi degradando, ao pasar de atrasos nas nóminas e concurso de acredores, a ver rescindido o contrato co seu cliente principal, Hibu, e ter que ir ao traballo sen cobrar e sen nada que facer.


Ademais, o Grupo Konecta gañou o concurso para xestionar a campaña de Hibu, pero ata que ALN rescinda os contratos, Konecta non se fai cargo da antigüidade dos traballadores. Ademais é necesario que Inspección de Traballo emita unha acta de falta de ocupación efectiva para poder solicitar a restrición de contrato no xulgado, para que, segundo comenta Pilar Pérez, se manteñan os postos de traballo.

Máis información aquí e aquí