CCOO Servizos acada un excepcional resultado nas eleccións de LIDL Coruña

eleccións lidl web

O día vintetrés de xullo celebráronse eleccións sindicais en LIDL, nas cales se obtiveronn os seguintes  resultados: CCOO: 7, Fasga: 1, CIG: 1. E por iso queremos dicir:

RESPONSABILIDADE: Recollemos esta enorme responsabilidade con entusiasmo e animamos a seguir loitando polos nosos dereitos, sen dar un paso atrás. Os vosos votos dannos a forza e a ilusión para enfrontarnos aos enormes retos do futuro.


TRABALLO: Dedicámonos a traballar durante catro anos, vístesnos nas tendas, negociamos coa empresa acordos importantes que melloran o convenio colectivo... pero o noso traballo (que é o noso mellor aval) está apoiado pola profesionalidade dunha sección sindical estatal e polo sindicato máis representativo do país, e por suposto, o apoio do persoal que acudiu a votar para conseguir estes magníficos resultados.

GRAZAS: Queremos dar as grazas a todas aquelas compañeiras/os que decidiron formar parte das nosas candidaturas e tamén a todas e todos os que votástedes e confiástedes en CCOO.

A LOITA CONTINÚA: Compañeiras, compañeiros....SEGUIREMOS LOITANDO!


A Sección Sindical de Teleperformance A Coruña celebra o seu Plenario

sección ccoo teleperformance A Coruña

Hoxe, 22 de xullo, celebrouse na Coruña o plenario de renovación da Sección Sindical de CCOO en Teleperformance A Coruña. No mesmo foi reelixido como secretario xeral Xosé González Paz e como membros da executiva Miriam Dornas Coira, Beatriz Agra Aguinaga, Antonio Díaz Diaz e Lucía Trenor López.

Desde a Federación de Servizos de Galicia os nosos parabéns polo gran traballo desenvolvido nos últimos catro anos. 


CCOO gañou as eleccións a representantes legais dos traballadores ao saír elixidos nove membros do comité de empresa

CCOO revalida a maioría en Teleperformance e amplía a súa representación

teleperformance

Onte, catro de xuño, tiveron lugar as votacións para elixir os membros do Comité de Empresa de Teleperformance A Coruña e, de novo, o persoal elixiu de forma maioritaria a candidatura de CCOO.

O persoal outorgou cos seus votos a confianza aos nosos candidatos recollendo a proposta de CCOO de que sumando se poden acadar as metas que nos propoñamos, defendendo as condicións laborais do persoal e o emprego.

Hai que destacar o alto índice de participación nas votacións para un comité, que pasou de 17 a 21 membros, nas que CCOO obtivo case o 43% dos vinte e un delegados/as que se elixían, quedando a súa composición do seguinte xeito: CCOO 9, CIG: 6, UGT: 4 e CGT: 2

Desde CCOO queremos agradecer ás traballadoras e traballadores de Teleperformance A Coruña a súa implicación no proceso electoral e a súa confianza no noso sindicato, cuxas delegadas e delegados, desde o primeiro día en que foron elixidos, fai xa máis de catro anos, traballaron duramente en mellorar as condicións laborais de todo o cadro de persoal, o cal, agora, recoñece este labor cos seus votos, e que nos permite renovar o noso compromiso de seguir traballando para estar á altura das súas expectativas.

CCOO agradecemos o apoio do persoal pola súa participación democrática e polo apoio outorgado aos nosos candidatos e candidatas e comprometémonos a traballar para ser útiles e eficaces e poder intervir con máis garantías no devir da empresa e do sector.


CCOO vólvese a mobilizar en rexeitamento ás medidas forzosas do ERE de Caixabank

ERE CAIXABANK

Non basta con retirar as extincións forzosas, é necesario evitar unha purga coa mobilidade forzosa. O persoal de CaixaBank segue baixo a ameaza de mobilidades forzosas e cambios das súas condicións laborais. Por iso, o persoal de CaixaBank mobilizouse hoxe, 24 de abril, para manifestar o seu máis absoluto rexeitamento nas sedes de todas as Direccións Territoriais, e Servizos Centrais de Barcelona ás 17:00h.

O persoal de CaixaBank segue baixo a ameaza: mobilidades forzosas, baixas indemnizacións que non garanten éxito nas adhesións e cambios das condicións laborais, como as 100 tardes para os xestores/as, apertura da tarde dos martes, etc. Ler máis


Así non. CCOO non subscribe o acordo en DIA

ERE DIA

Medidas traumáticas, présas inxustificadas, falta de plans concretos, indeterminación. Aínda que CCOO conseguiu, grazas a varias xornadas de mobilización e, principalmente, á exitosa folga que protagonizou o persoal,  que a empresa introducise melloras no texto, o empeño de DIA de aplicar medidas traumáticas impide que o sindicato subscriba o acordo. Ler máis