Mobilizacións en Celso MÃguez pola «insostible» situación da empresa
O persoal de Pinturas Celso Míguez mobilizarase na Coruña mañá mércores, 30 de setembro, pola «insostible» situación da empresa. CCOO denuncia atrasos de varios meses na percepción dos salarios e unha completa «inacción» por parte da dirección, á que lle esixen un plan de viabilidade económica.
Ademais do atraso no cobro das nóminas, estanse a dar casos de traballadores que «están causando baixa da empresa ante a gravidade da situación», apunta o sindicato. A isto cómpre engadir o «desabastecemento» que se padece nas tendas, que incide negativamente nas vendas e nos ingresos.
Por todo isto, a primeira das mobilizacións previstas foi este mércores, de 11 a 13 horas diante da tenda situada na avenida Alcalde Pérez Arda.
Teleperformance A Coruña despreza ao persoal e a Inspección de Traballo
Teleperformance, en A Grela, é unha empresa de Contact Center, que ocupa a máis de 800 empregadxs dando servizos a grandes multinacionáis tanto de telecomunicaciós, enerxéticas e outros servizos. Según indica na súa páxina web, forma parte do 20% de empresas que están contratando durante a crise sanitaria.
O Comité de Empresa de Teleperformance A Coruña denuncia:
Teleperformance nesta crise demostrou a súa incompetencia e falta de investimento para implementar o teletraballo. Obriga ao persoal a asumir todos os custos xerados polo traballo no domicilio (equipos, conexión a internet, luz…) sen recibir ninguna contraprestación. Incluso Teleperformance continúa cos descontos en nómina por desconexións alleas ao persoal a pesar da última Resolución de Inspección de Traballo, onde se indica que non poden facelo. Ler máis
CCOO asina un acordo para reforzar as medidas preventivas e compensar o persoal de Lidl polo esforzo realizado durante o estado de alarma
Tras a folga convocada en solitario por CCOO-Servizos, a dirección de Lidl España rectificou e decidiu sentar a negociar co sindicato. O resultado é un acordo que reforza as medidas de prevención nos centros de traballo da cadea de supermercados e compensa tamén o esforzo realizado polo persoal desde que se estableceu o estado de alarma. Ler máis
O comité de empresa de Froiz na provincia da Coruña esixe xornadas de traballo continuas
O comité de empresa de Froiz na provincia da Coruña convocou este mediodía unha concentración na cidade herculina para esixir xornadas de traballo continuas, de xeito que se facilite a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
Actualmente, existen dúas modalidades de xornada nos centros de Froiz na provincia: partida e mixta. Neste segundo caso, o persoal goza de catro días con xornada continua e outros dous con xornada partida.
Durante a pandemia da COVID-19, unha das medidas adoptadas pola empresa foi a xeneralización da xornada continua para todo o persoal. Malia se tratar dunha situación puntual, demostrouse que organizativamente era posible que todas as traballadores e traballadoras gozasen desta modalidade de xornada.








