cambiando inditex




CCOO Servizos estrea representatividade en Als Laboratory Group de Ourense

Eleccións Als

Nas eleccións celebradas hoxe, dous de xullo, CCOO consigue un delegado con candidatura única en Als Laboratory Group, empresa de enxeñería de minas en Penouta, Viana do Bolo na provincia de Ourense. Nesta ocasión trátase dun centro de traballo onde non había representación sindical.


A Federación de Servizos de CCOO agradece aos traballadores e traballadoras desta empresa a confianza depositada no sindicato e garante redobrar o esforzo e manter o traballo diario.


O Congreso extraordinario da Unión Comarcal de CCOO de Arousa terá lugar o 27 de xullo

Unión Comarcal Arousa

O vindeiro día 27 de xullo de 2018 terá lugar o congreso extraordinario da U.C. de CCOO de Arousa convocado pola comisión xestora da U.C. de Arousa.
Como afiliado, afiliada, ao sindicato, tes o dereito a ter voz e voto e participar nesta renovación de CCOO (segue)


Masivo seguimento dos paros de dúas horas, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Tamén participación masiva nas mobilizacións

CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas mobilizacións

8M Galicia

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga convocada hoxe polo sindicalismo de clase. O seguimento dos paros de dúas horas foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Polo de agora, non houbo incidentes salientables nin no paro que da madrugada (entre as 00:00 e as 02:00), nin tampouco ao mediodía (das 12:00 ás 14:00). 


Delegadas do sindicato participaron nun encontro sectorial na Coruña que serviu para informar e denunciar este tipo de situacións

CCOO denuncia as dificultades para a igualdade efectiva entre homes e mulleres no sector dos servizos

Encontro 8M

Delegadas de Comisións Obreiras denuncian as dificultades para a igualdade efectiva entre homes e mulleres no sector dos servizos. Nun encontro sectorial que o sindicato organizou o mércores na Coruña co gallo da folga do vindeiro día 8, representantes de CCOO en diferentes empresas relataron as eivas detectadas no seu día a día, tanto do punto de vista profesional coma sindical.


O pacto mellora a política de contratación, reduce a temporalidade e inclúe novidades sociais

Asinado un acordo no CTAG que mellora as condicións respecto do convenio estatal de enxeñarías

melloras CTAG

O comité de empresa do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG), presidido por CCOO, asinou coa dirección un acordo que mellora as condicións laborais en relación co vixente convenio colectivo estatal de enxeñarías. O pacto contou co apoio unánime de todos os integrantes do comité, composto por dez membros de CCOO, cinco independentes e dous da CIG.