Proclamación Candidaturas plenario de integración da Agrupación de Servizos Técnicos e Servizos Administrativos
CCOO Servizos obtén a maiorÃa absoluta no Comité de Empresa de CTAG
CCOO Servizos obtén toda a representatividade nas eleccións de INDESNOR Lugo
CCOO e CTAG-IDIADA pactan melloras sobre o Convenio Estatal de EnxeñarÃas
CCOO e CTAG-IDIADA asinaron acordo de melloras sobre o convenio estatal de EnxeñarÃas e Oficinas Técnicas o pasado venres 19 de Maio de 2017. Este feito supón un fito histórico a nivel sindical no quince anos de existencia da empresa.
CCOO implicouse activamente neste proceso de negociación. A representación legal dos traballadores/as de CTAG-IDIADA (Roberto Pousada) recibiu o apoio e asesoramento directo de Celso Carneiro, Secretario Xeral da Federación de Industria de CCOO-Vigo; Pedro Comesaña, responsable de polÃtica industrial de CCOO Galicia; David Casal, responsable de EnxeñarÃas de CCOO Galicia e os servizos xurÃdicos de CCOO a nivel estatal. Traballando conxuntamente entre diferentes sectores fronteirizos (Industria e EnxeñarÃa), conseguiuse liquidar mediante acordo un conflito que se evidenciou durante os últimos 4 meses e que se viña arrastrado en silencio durante varios anos pola conxelación continuada de condicións.
CCOO foi capaz de canalizar dunha maneira correcta e controlada as demandas dos traballadores/as de CTAG-IDIADA e conseguiu mediar coa dirección do centro para chegar a un acordo sen necesidade de que ninguén teña que perder nin un dÃa de salario. Segue









