8 de marzo: construíndo e sumando pola igualdade real
As confederacións sindicais de Comisións Obreiras e a Unión Xeral de Traballadores, ante a conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, MANIFESTAMOS o noso compromiso de seguir construíndo a igualdade real entre mulleres e homes, a nosa vontade de seguir sumando neste esforzo colectivo e de combater todas as formas de discriminación e violencia contra as mulleres, sendo o noso ámbito prioritario a loita contra todas as discriminacións relacionadas co emprego.
"En Zara non queremos ser traballadoras de segunda"
O cadro de persoal das tendas está crispado xa que leva moito tempo reivindicando a equiparación de condicións co persoal de loxística, ao que Zara resposta que “non se contempla”.
Cabe salientar que o persoal das tendas é fundamentalmente feminino e na área de loxística masculino, o cal potencia aínda máis a brecha salarial. As tendas están discriminadas en condicións laborais, salarios e beneficios, ademais de sufrir recentemente a redución da posibilidade de acumular horas para utilizar libremente. Ler máis
Concentración na Coruña contra os despedimentos no Banco Caixa Geral
Comisións Obreiras (CCOO) participou na concentración deste martes na Coruña para rexeitar os despedimentos no Banco Caixa Geral. A protesta tivo lugar desde as 11:30 horas diante da oficina principal de Abanca, na coruñesa rúa Nova, xa que esta entidade é a propietaria do banco.
O Grupo Común da Esquerda coincide con CCOO na situación dos centros de chamadas
Este mércores tivo lugar unha xuntanza entre Comisións Obreiras e o Grupo Común da Esquerda para tratar a situación dos centros de chamadas en Galicia, especialmente tras a decisión de Naturgy de finalizar o contrato con Unitono-Ourense. Ler máis







