CCOO denunciamos o bloqueo empresarial que perpetúa desigualdades no comercio alimentario galego
A Federación de Servizos de CCOO de Galiza, trala solicitude de apertura dun diálogo a través do Consello Galego de Relacións Laborais, lamentamos profundamente a negativa da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e das asociacións empresariais do comercio de alimentación a avanzar na negociación dun convenio colectivo de ámbito galego.
CCOO denunciamos a falta de vontade negociadora no comercio galego
Para CCOO, a postura das patronais supón desaproveitar unha oportunidade histórica para dotar o sector dun marco regulador único, moderno e adaptado á realidade actual dun tecido empresarial e laboral que funciona de forma crecente e integrada a nivel autonómico. Trátase dun sector que emprega arredor de 25.000 persoas traballadoras en Galicia, que continúan sometidas a unha fragmentación negociadora que xera diferenzas e incertezas innecesarias.
Argumentos da patronal que frean o convenio autonómico
A negativa baséase en argumentos que, ao noso xuízo, non se sosteñen nin responden aos retos reais do sector:
-
Levar máis de 40 anos negociando convenios provinciais non pode ser unha razón para impedir avances. Precisamente esta fragmentación histórica é unha das causas das desigualdades salariais, das diferenzas nas condicións de traballo e da falta de cohesión nun sector estratéxico para Galicia.
-
A existencia de vixencias diferenciadas entre convenios provinciais é un argumento técnico facilmente salvable, como xa se demostrou noutros sectores nos que se transitaron ámbitos superiores.
-
A ausencia dunha federación empresarial galega non é un impedimento real: é responsabilidade das propias organizacións empresariais dotarse dos instrumentos necesarios se existe vontade negociadora.
-
As diferenzas entre convenios deberían ser precisamente un incentivo para avanzar cara á harmonización e evitar un mapa laboral desigual e inxusto.
Un convenio autonómico para modernizar o sector e dar estabilidade
CCOO consideramos que a patronal pecha a porta ao diálogo antes sequera de abrila, negándose a explorar un marco máis eficiente que permitiría resolver moitos dos problemas actuais: dispersión normativa, inseguridade xurídica, dificultade para coordinar procesos de negociación e falta de respostas estables ás transformacións do sector, que afronta cambios profundos en materia de organización do traballo, tecnoloxía, horarios e cargas laborais.
CCOO demandamos diálogo ás empresas e á patronal galega
Lembramos que un convenio autonómico facilitaría as relacións laborais, dotaría de maior estabilidade ás empresas, reforzaría a competencia leal e ofrecería mellores condicións para traballadores e traballadoras nun sector caracterizado por baixos salarios, alta temporalidade e unha forte presión organizativa.
Chamamento de CCOO a Gadisa, Froiz e Cuevas para abrir negociación
CCOO instamos as patronais formadas por Gadisa, Froiz, Cuevas, etc., a rectificar esta posición inmobilista, abrir un proceso serio de diálogo e asumir que Galicia necesita marcos de negociación acordes coa dimensión real dos sectores produtivos. O inmobilismo non é unha opción para un sector clave para o país.
Máis precariedade e menos emprego: CCOO convocamos folga do comercio en Galicia tras o Black Friday
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia trasladamos hoxe aos medios as principais conclusións do Informe Comercio — Black Friday 2025, un diagnóstico que evidencia, novamente, a precariedade estrutural do sector: parcialidade imposta, horarios imprevisibles, cargas de traballo desbordadas e un incremento moi preocupante dos riscos músculoesqueléticos e dos problemas de saúde mental.
Un sector que funciona á costa da saúde
Explicamos que o comercio continúa funcionando á costa da saúde e da dispoñibilidade permanente das persoas traballadoras, nun contexto de persoal insuficiente e de crecente presión comercial.
Imposición da Xunta no calendario de aperturas
Denunciamos a decisión da Xunta de Galicia de aprobar o calendario de apertura de domingos e festivos para 2026 sen ningún proceso de consulta coa representación sindical. Deste xeito rompese a posibilidade de gozar de dúas fins de semana completos de descanso en xullo e en agosto de 2026, prexudicando notablemente a conciliación da vida laboral e familiar en datas especialmente sensibles para Galicia. Esta falta de diálogo, que afecta decenas de miles de persoas traballadoras do comercio, é para CCOO unha imposición inaceptable.
Convocatoria de folga no comercio galego
Ante esta situación, anunciamos a convocatoria de dúas xornadas de folga no comercio galego, que se celebrarán os días 26 de xullo e 15 de agosto de 2026, en defensa dos dereitos laborais, da saúde e da conciliación. Tamén as convocamos para esixir que calquera decisión sobre horarios comerciais conte coa voz das traballadoras e traballadores do sector a través das súas organizacións sindicais máis representativas.
Esixencia de diálogo social
Reclamamos á Xunta que rectifique, que abra un proceso real de diálogo social e que deixe de ignorar as persoas que sosteñen un sector estratéxico para Galicia.
Datos do Informe Comercio — Black Friday 2025 en Galicia
-
Emprego en outubro de 2025: 135.433 persoas empregadas no sector do comercio.
-
Emprego previsto tras a campaña: 136.973 persoas empregadas.
-
Crecemento do emprego (outubro–decembro de 2025): 1,1 %.
-
Creación estimada de emprego: 1.540 novos postos de traballo durante a campaña.
Comparativa co conxunto do Estado
A previsión de crecemento do emprego no comercio para o conxunto do Estado é do 2,0 %, o que supón 52.308 novos postos de traballo. Galicia sitúase por baixo da media estatal e doutros territorios como Andalucía (4,0 %), a Comunitat Valenciana (3,7 %) e Canarias (3,2 %).
CCOO alerta del deterioro del comercio en Castilla y León por la falta de inversión en contratación
El 80% del empleo creado para la campaña del Black Friday es temporal y a tiempo parcial, según CCOO
Se crearán alrededor de 30 mil empleos, de los que un 80% serán contratos temporales y un 90% a tiempo parcial, según el informe de la Federación de Servicios de CCOO
Declaraciones Euganio Gámez. Responsable Comercio CCOO:
Descargar Informe Black Friday
Descargar Nota Resumen Informe Black Friday














