para las últimas novedades e información COVID-19; visita zonaasisa.es (sólo empleados).  
 
                                                                                                              
            @ccooasisa                  
sección.sindical@asisa.es                
afiliación                  convenio   
 
 
 

A empresa, que chegou a dar emprego a 2500 persoas hai menos de catro anos, conta actualmente con 1400 persoas traballadoras

Seguimento case total da folga de Bosch Vigo para rexeitar o ERE

concentración ERE Vodafone en BOSCH

Este luns secundaron a folga case todas as traballadoras e traballadores de Bosch Service Solutions, a segunda empresa máis grande de Vigo por volume de persoal. No principal servizo afectado, o seguimento foi do 99% durante a quenda da mañá. Ademais do paro, houbo tamén concentración diante das instalacións da compañía para rexeitar as condicións do novo ERE que presentou hai poucos días a dirección.

Bosch Service Solutions dedícase ao sector de centros de chamadas e presta servizos para clientes como Repsol, Orange, Iberdrola e a mencionada Vodafone, entre outras compañías. Desde o inicio da pandemia, Bosch encadeou varios ERTE e ERE, así como modificacións substanciais de condicións de traballo que afectaron principalmente aos servizos que se prestan para Vodafone.

A mediados de xuño, a dirección da empresa convocou o comité para iniciar un período de negociación dun novo ERE pola perda do servizo de Vodafone HD, que se deslocaliza a outros países.

CCOO rexeita o desmantelamento da empresa, tanto por parte de Bosch como pola deslocalización promovida por Vodafone, que provocaron que o cadro de persoal en Vigo pasara de 2500 persoas hai menos de catro anos a 1400 na actualidade.


Reunión coa directora xeral de Relacións Laborais da Xunta

reunión d xeral relacións laborais

Reunión da Secretaria Xeral de CCOO Servizos Galicia, Lucía Trenor e a delegada da sección sindical CCOO de Bosch Service Solutions en Vigo, Juana Taboada con Elena Mancha directora xeral de Relacións Laborais da Xunta e Marta Mariño Regueiro, xefa territorial da Xunta en Pontevedra no marco dos contactos que se están mantendo coa Xunta de Galicia  onde se está abordando a problemática existente en sectores coma o Contact Center.


Reunión coa conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade

reunión conselleira emprego

A secretaria xeral da Federación de Servizos de CCOO, Lucía Trenor e o responsable de Servizos Técnicos, Iván Cordeiro, mantiveron hoxe unha reunión coa conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, Mª Jesús Lorenzana e a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha para tratar a situación dos sectores de Centros de Chamadas, TICS, Enxeñerías e Servizos de Prevención. Ademais solicitouse a revisión dos pregos de contratación e a verificación de que se respecta a lexislación laboral e as condicións de traballo dos sectores.

Os cadros de persoal estanse vendo empobrecidos pola negativa das súas patronais a realizar unha subida salarial nun contexto de inflación desorbitada. O volume de negocio que prestan estas empresas viuse incrementado durante o tempo de pandemia, e por tanto, tamén o seu nivel de facturación. Ademais, estas patronais coinciden en que non poden repercutir as subidas salariais ás súas empresas clientes, referíndose en numerosos casos á propia Administración Pública.