@ccooasisa                  sección.sindical@asisa.es     afiliación                  convenio   

 


A Patronal mantén unha postura inmobilista

Convenio Contact Center: Convocadas novas concentracións e xornada de folga #COLGAMOSLOSCASCOS

Debido ao bloqueo na mesa de negociación por parte da Patronal, CCOO e o resto de sindicatos presentes na mesa de convenio convocamos unha nova xornada de mobilizacións o día 18 - en Galicia en A Coruña e Vigo - e folga 24 h. para o luns 28 de novembro. A patronal  só insiste en manterse nas súas posturas, e mentres adícase a pór pedras até no que lle gañamos nos tribunais, como o non pago dos incentivos en vacacións. Se queren que de novo nos mobilicemos masivamente, que toda a sociedade se faga eco dos seus incumprimentos e que as empresas e os clientes sufran os efectos do seu inmobilismo, iso é o que van conseguir.


Pois o 18 e  28 de novembro volverémoslles a dicir que xa está ben!  #COLGAMOSLOSCASCOS


Continúan as mobilizacións

Contact Center: multitudinaria manifestación por un Convenio Xusto

O seis de outubro estaba convocada unha folga, así como unha manifestación en A Coruña ás 20:00 a prol dun Convenio xusto para o sector de Contact Center. As rúas enchéronse de traballadoras e traballadores reclamando unhas condicións de traballo dignas. CCOO e UGT cifran entre un 65% e un 75% o seguimento da folga.

A negociación do novo Convenio Sectorial de Contact Center leva atrancada 20 meses a pesar de que desde CCOO se expuxeron multitude de propostas para chegar a un acordo.


Máis imaxes aquí e aquí


O 53% do plantel do sector secundou os paros convocados para o día 23 por CCOO

Os traballadores e traballadoras de Contact Center presionan á patronal para desbloquear o Convenio

A negociación do novo Convenio leva atrancada 20 meses a pesar de que desde CCOO se expuxeron multitude de propostas co fin de chegar a un acordo coa patronal.
            Con todo, para esta hai tres escollos fundamentais. O tema salarial, onde CCOO pide que a subida de 2016 sexa desde o 1 de xaneiro, non desde firma de convenio; a subcontratación por ETT's ou Multiservicios, onde o sindicato quere equiparar os seus dereitos laborais; e outro escalado de horas médicas, un tema no que CCOO propón que se inclúa o acompañamento até os 14 anos.
            Hai convocados novos paros para o xoves 29 de Setembro e unha folga de 24 horas o xoves 6 de outubro se a patronal non rectifica.

Imaxes das concentracións do día 23 en Galicia: