O pasado martes 6 de xuño tivo lugar o plenario da sección sindical
de CCOO Teleperformance Galicia, no que se debateron os plans de
traballo para realizar en Galicia, ademais de elixirse os novos
órganos de dirección.
Saíu
elixido co 100% dos votos tanto o novo secretario xeral, Xosé
González Paz, coma a nova executiva, composta por 4 persoas de
distintas campañas.
No plenario valoramos o plan de traballo desta
sección sindical, e debatemos sobre os problemas máis importantes
que afectan ao persoal de Teleperformance, de cara a buscar solucións
para cada un deles, temas coma formación,
saúde laboral, conciliación ou incentivos.
O sector segue maioritariamente o paro en defensa dun convenio digno que acabe coa precariedade.
Os persoais de Contact Center saíron hoxe á rúa en varias manifestacións convocadas en apoio á folga de 24 horas que se está producindo en todo o estado.
O 70% do persoal secundou a folga en defensa dun convenio digno para o sector cuxa negociación segue atascada desde hai máis de 22 meses.
A patronal segue mantendo as súas posicións alongando premeditadamente a negociación, o que supón que o persoal non obteña subidas salariais, os contratos sigan sendo de Obra e Servizos, que as xornadas parciais sexan o habitual, sigan sufrindo quendas onde se traballan até 11 días seguidos e que cada vez haxa máis subcontratación a través de ETT ou empresas Multiservicios.
Hoxe en Coruña:
Continúan as mobilizacións en todo o Estado
A patronal non
acudiu á mesa de convenio do día 17 e desde CCOO parécenos
lamentable que coa xornada de folga convocada para o luns 28 de
novembro sigan desaproveitando as opcións previas para reconsiderar
algunhas das posturas expostas e poder chegar a algún acordo.
Isto non fai máis
que reforzar a alternativa da folga, xa que o persoal está farto
desa postura inmobilista e despectiva ante as reivindicacións por un
convenio xusto. Así, o 28 de novembro #ColgamosLosCascos para
que a caída dos servizos das empresas clientes faga reflexionar á
patronal.
Hoxe,
en Coruña e Vigo celebráronse concentracións reclamando o
desbloqueo das negociacións e para facer pública unha vez máis a
realidade diaria dun sector precario e empobrecido.


Máis imaxes