Teleperformance aproveita o teletraballo para precarizar aínda máis ao persoal
O Comité de empesa de Teleperformance Coruña denuncia que aproveitando a crise sanitaria de Covid-19 quere implantar o teletraballo de forma unilateral e abusiva.
Teleperformance obriga ós seus traballadorxs a asumir todos os custos xerados polo traballo no domicilio (equipos, conexión a internet, luz...) sen recibir ningunha contraprestación.
Asemade desconta das nóminas das persoas traballadoras importes de ata 200€ por incidencias informáticas responsabilidade de Teleperformance derivadas da falla de inversión á hora de implementar o teletraballo. As persoas traballadoras están pagando por traballar.
Esta ilegalidade púxose en coñecemento de Inspección de Traballo e o Comité de empresa no día de hoxe, decidiu interpoñer conflicto colectivo.
Teleperformance emprega unha medida preventiva prioritaria na crise do Covid -19, como é o teletraballo, necesaria para velar pola salúde das persoas traballadoras,como medida de coacción a cambio de manter a súa rendabilidade a toda costa. PENALIZA retirando do teletraballo se non se cumpren as esixencias de Teleperformance en canto ó cumprimento de obxectivos.
O COMITÉ DE EMPRESA DE TELEPERFORMANCE CORUÑA XA EMPRENDEU AS ACCIÓNS LEGÁIS NECESARIAS EN DEFENSA DOS DEREITOS DE TODAS AS PERSOAS TRABALLADORAS
CCOO Servizos velaremos polas garantías laborais do ERTE de Bosch SS Vigo
Con data 19 de marzo a empresa Bosch Services Solution, situada en Vigo, notificou á representación sindical existente na empresa a súa intención de iniciar un Expediente de Regulación de Emprego Temporal (ERTE) que afectaría a unhas 1309 persoas dun total de 1549 persoas e a finalización dos contratos existentes a día de hoxe por ETT.
Na notificación realizada á RLT fundamenta a necesidade de levar a cabo o ERTE baseado en causas obxectivas organizativas e produtivas derivada da situación de alerta sanitaria decretada polo Goberno de España. A intención da empresa é levar a cabo devandito ERTE durante un prazo máximo de 6 meses.
Desde a Federación de Servizos velaremos por que se dean todas as garantías laborais durante este proceso e esixiremos que a duración do ERTE anunciado non se prolongue máis aló da situación de alarma sanitaria existente no noso país. Así mesmo esixiremos á empresa que garanta o 100% dos salarios, facéndose cargo da diferenza entre as prestacións abonadas polo SEPE e o salario real do persoal.










