Ante
a difusión hoxe en medios da decisión da Xunta de Resolución
Bancaria Europea da adxudicación de Banco Popular a Banco
Santander, dende a Federación de Servizos de CCOO en Galicia
queremos pór de manifesto que esta noticia debe significar a
finalización da incerteza que levan padecendo nas últimas semanas
os máis de 1.400 traballadores e traballadoras do Grupo Banco
Popular en Galicia. Segue
Durante os últimos meses produciuse un goteo continuo de despedimentos
BBVA despediu a 50 traballadoreslas nos últimos meses, polo que o banco considera"baixa produtividade,
intencionada e voluntaria". Nada máis lonxe da realidade: o
banco obtivo este ano uns
beneficios de 3. 475 millóns de euros, todo para manter
unhas inmorais retribucións de 2. 200 Directivos, faltos de talento
para o posto que desempeñan
e que son incapaces de acadar as cifras de beneficios que xustifiquen as súas
altísimas remuneracións.
Están preparando o terreo para acelerar o "Banco
Dixital"e atentar agora contra o emprego de todos e todas nós. A Reforma Laboral de
2012 favorece a impunidade empresarial para levar a cabo estes despedimentos
inxustos, que o banco, nos xulgados, recoñece como improcedentes,
pero que deixan na rúa a
50 familias. Ademais, con estes despedimentos,"pinga a pinga",
BBVA persegue manter
amedrentado a todo o seu persoal.
Ante esta actitude
dos novos responsables de Recursos Humanos en BBVA, que destrúe emprego, o conxunto
da representación sindical de BBVA mobilizámonos co cadro de persoal para ir
desenvolvendo as accións necesarias ante a sociedade, que deixen en evidencia o falso
discurso de Ética e Responsabilidade Social que manexa o BBVA. Atentar contra o emprego é agredir ao personal así como unha irresponsabilidade social.
Xa comunicáramos que a dirección de Abanca decidira trasladar as relacións sindicais desde a negociación ao enfrontamento: o horario comercial incompatible co horario laboral, o rexistro de xornada, as convocatorias fóra de horario, ...
Nas últimas semanas, reforzáronse as agresións contra o persoal baixo o manto de "a potestade empresarial":
A asignación duns obxectivos comerciais para 2017 incompatibles coa evolución prevista dos mercados en que operamos e a nosa cota nos mesmos.
A arbitrariedade coa que se están producindo despedimentos e a posta "en seguimento" de varios compañeiros, ignorando as circunstancias laborais (baixas prolongadas, vacantes non cubertas) e rebaixando o logro de obxectivos ata que "din o que quero".
Todos estamos afectados e xa hai quen se encargou de propagar a mensaxe: "coidado co que fas que xa sabes o que está a pasar". Para a nosa desgraza, a estrutura de Abanca está trufada de "xefes tóxicos" que campan ás súas anchas, incapaces de dirixir de forma eficiente os seus equipos e dedicados a conservar a súa posición por encima de calquera cousa. Desexamos que lles chegue pronto o seu San Martiño.
Requirimos que se deixen sen efecto tanto os despedimentos como as postas "en seguimento" e que ningunha medida se adopte sen a audiencia previa aos afectados. Ante a falta de resposta da dirección, os delegados de Comisións Obreiras concentrarémonos o vindeiro venres 3 de febreiro ante Palexco, o recinto en que se celebrará a convención comercial. O venres volveremos ouvir as milongas de sempre sobre o bo exercicio pechado e os esforzos que esixe o novo. Ao incorporarnos o luns ao traballo, volveremos ás advertencias veladas e á fustrigación habitual. Os responsables son quen toman as decisións pero desde Capital Humano son incapaces de embridalos, e por riba, a alta dirección aléntaos.
A situación merece unha resposta unánime do persoal. No pasado quedou demostrado que a nosa forza é a unidade, e que esta forza é suficiente para defender os nosos intereses e os nosos postos de traballo.
A vítima traballaba como director nunha oficina de Caixabank. CCOO convocou un paro de 5 minutos e concentracións á porta dos centros de traballo mañá, 24 de Novembro ás 12:00h.
Na reunión de 5 de novembro, ás 19:15 horas, firmouse o acordo do Expediente de Despido Colectivo dos Bancos Popular e Pastor.
A proposta de principio de acordo de CCOO, presentada na Mesa de Negociación, aceptada case na súa totalidade pola Dirección dos bancos e asumida por SEGRUPO no mesmo día, uníronse os sindicatos FITC, AMYC e UGT.
Nesa xornada os Bancos aceptaron incrementar o número de persoas que podan acollerse á medida que CCOO propuxo sobre excedencias voluntarias, o que permitiu diminuir arredor de 250 o número de baixas indemnizadas.
Continuando co calendario de concentracións, traballadoras e traballadores do Grupo Banco Popular saíron á rúa para amosar o seu rexeitamento á postura inmobilista do Banco na negociación do ERE. Así mesmo, as organizacións sindicais convocan unha folga que terá lugar o día 10 de novembro.
Tras as mobilizacións en todos os territorios do pasado día 20 e tamén de xornadas anteriores, onte mércores, 26 de outubro, o persoal saímos á rúa para defender os nosos postos de traballo, a Dirección do Grupo cedeu á reivindicación de CCOO, admitindo que NON SOBRAMOS 2900 persoas en Banco Popular e Banco Pastor.
Na quinta reunión da Mesa Negociadora, a Dirección situou a nova cifra en 2.592 persoas, reducindo en aproximadamente uns 400 o total dos 3.000 despedimentos anunciados ao inicio.
CCOO opoñémonos a este proceso de Despedimento Colectivo, do cal os traballadores non tiveron ningunha culpa, aínda que agora a paguen. Con todo, a reforma laboral -a Lei actualmente vixente- obríganos a todos a buscar o mellor acordo, se é posible.
Por iso CCOO esiximos a mellora das condicións dos despedimentos e o respecto da voluntariedade.
Por iso CCOO continuamos a nosa loita para reducir os efectos deste salvaxe Despedimento Colectivo
Por iso CCOO seguimos negociando e, unha vez conseguida unha primeira redución do número de persoas afectadas polo proceso, presentamos na Mesa Negociadora a nosa plataforma.
A próxima mobilización está convocada para o día 2 de novembro ás 18:00 en Lugo, Comenzando en Rúa da Raiña ( B Pastor OP) e rematando en Praza Maior (B Popular OP)
Coincidindo co inicio da X lexislatura do Parlamento de Galicia, traballadoras e traballadores de Grupo Banco Popular manifestáronse para expresar o seu total rexeitamento ao ERE salvaxe que pretende levar a cabo o Banco.
Os deputados de En Marea Yolanda Díaz e Miguel Anxo Fernán-Vello achegáronse aos manifestantes para amosar o seu apoio e escoitar de primeira man as demandas dos traballadores.
Este ERE vai supoñer o peche de 42 oficinas e a perda de 435 postos de traballo en Galicia. Banco Popular pretende retomar o pago do dividendo en efectivo en 2017 e anuncia que acadará un "pay out" do 40% en 2018 polo que CCOO esixe a Popular que non pague dividendo mentres hai un ERE en marcha.
As próximas mobilizacións están convocadas para os días 26 ás 18:30 en Ourense, e 2 de novembro ás 18:00 en Lugo.
Este xoves, 20 de outubro, ás 18:00 horas, tivo lugar unha nova concentración do persoal do Banco Popular, ante a oficina principal de Vigo, en protesta pola intención de despedir a 2900 persoas nun proceso de Expediente de Regulación de Emprego.
Con estas mobilizacións preténdese demostrar ao banco que non estamos de acordo coa súa proposta de Despedimento Colectivo. Queremos que se reduza o número de persoas implicadas e que quen, voluntariamente desexe finalizar a súa vida profesional no banco, poida facelo dignamente.
Mentres que se pretende despedir a tantas persoas neste proceso de ERE salvaxe, non cesan as prácticas ilegais de prolongación de xornada, que tantas veces se denunciaron ante Inspección de Traballo, ademais de poñer en risco a viabilidade futura da empresa.