CALENDARIO LABORAL DE GALICIA 2019
- Festivos locais A Coruña, aquà e aquÃ
- Festivos locais Lugo, aquà e aquÃ
- Festivos locais Ourense
- Festivos locais Pontevedra
- Festivos Galicia (DOG)
- Apertura domingos e festivos comercio (DOG)
- Festivos resto comunidades (BOE)
CCOO denuncia a explotación laboral en Proxecto Home Galicia
Comisións Obreiras (CCOO) denuncia explotación laboral na Fundación Monte do Gozo (Proxecto Home Galicia) e reproba que a dirección utilice as persoas usuarias como «reféns» para presionar os seus propios traballadores e traballadoras. Segundo CCOO, ante a crecente mobilización interna en defensa dos dereitos laborais, a dirección da fundación reaccionou pechando dous centros de traballo, causando un grave prexuÃzo tanto ao seu persoal como ás persoas usuarias.
Carmen Sangil, elixida Secretaria Xeral da Sección Sindical de Banco Santander en Galicia.
Hoxe, vinte e catro de maio, celebrouse en Santiago de Compostela o Plenario Extraordinario da Sección Sindical de CCOO Banco de Santander Galicia e integración da Sección Sindical de CCOO Grupo Banco Popular Galicia.
Coa previsión dun inminente proceso de integración de ambas entidades presentouse unha única candidatura á SecretarÃa Xeral e á executiva, quedando esta última integrada na súa maiorÃa polas delegadas e delegados que xa participaban nese órgano de goberno nas súas respectivas seccións.
Na súa intervención, Carmen Sangil quixo agradecer "a xenerosidade e o esforzo pola confianza depositados na súa persoa" xa que "nos imos enfrontar a importantes retos de aquà ao próximo ano". Destacou tamén o valor de demostrar a fortaleza da organización a través do "contacto directo, cercano e persoal cos nosos compañeiros, resolvendo cantas cuestións nos expoñan". Gañar as eleccións que se celebrarán en febreiro do próximo ano foi outra ideal central do seu discurso: "dado o actual momento de dificultade debemos poñer en valor o liderazgo histórico e tradicional dun sindicato de clase como CCOO nos últimos procesos electorais, que é garantÃa de esforzo, e respaldo ás traballadoras e traballadores"
A partir de agora inÃciase unha nova etapa que estará marcada polo proceso de integración das redes de oficinas de ambos bancos. Cabe salientar que CCOO é o sindicato maioritario tanto en Banco Santander como Grupo Banco Popular, e que ambas entidades veñen de pasar por dous Expedientes de Regulación de Emprego que foron afrontados e resoltos de forma notablemente satisfactoria.
Hostal dos Reis Católicos: desigualdade entre traballadores, sen convenio e lÃder en beneficios
O Comité de Empresa do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, integrado polos sindicatos CSIF, CIG, CUT e CCOO, concentrouse este martes, dÃa sete, na Cidade da Cultura coincidindo coa presenza da presidenta de Paradores de Turismo, co fin de reivindicar unha negociación real e a firma dun convenio digno xa que o actual leva oito anos caducado.
CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas mobilizacións
O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga convocada hoxe polo sindicalismo de clase. O seguimento dos paros de dúas horas foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Polo de agora, non houbo incidentes salientables nin no paro que da madrugada (entre as 00:00 e as 02:00), nin tampouco ao mediodÃa (das 12:00 ás 14:00).
















