CCOO e CTAG-IDIADA pactan melloras sobre o Convenio Estatal de EnxeñarÃas
CCOO e CTAG-IDIADA asinaron acordo de melloras sobre o convenio estatal de EnxeñarÃas e Oficinas Técnicas o pasado venres 19 de Maio de 2017. Este feito supón un fito histórico a nivel sindical no quince anos de existencia da empresa.
CCOO implicouse activamente neste proceso de negociación. A representación legal dos traballadores/as de CTAG-IDIADA (Roberto Pousada) recibiu o apoio e asesoramento directo de Celso Carneiro, Secretario Xeral da Federación de Industria de CCOO-Vigo; Pedro Comesaña, responsable de polÃtica industrial de CCOO Galicia; David Casal, responsable de EnxeñarÃas de CCOO Galicia e os servizos xurÃdicos de CCOO a nivel estatal. Traballando conxuntamente entre diferentes sectores fronteirizos (Industria e EnxeñarÃa), conseguiuse liquidar mediante acordo un conflito que se evidenciou durante os últimos 4 meses e que se viña arrastrado en silencio durante varios anos pola conxelación continuada de condicións.
CCOO foi capaz de canalizar dunha maneira correcta e controlada as demandas dos traballadores/as de CTAG-IDIADA e conseguiu mediar coa dirección do centro para chegar a un acordo sen necesidade de que ninguén teña que perder nin un dÃa de salario. Segue
Primeira folga na historia de CTAG-IDIADA solicitando o cambio ao convenio provincial do metal de Pontevedra
CTAG-IDIADA safety technology S.L. é unha sociedade creada en 2002, a partes iguais entre o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e Applus IDIADA, multinacional que iniciou a súa actividade en Cataluña en 1971, especializada en servizo de homologación para a industria do automóbil. Nesta sociedade, CTAG aporta as instalacións, a dirección e o capital humano, mentres que Applus IDIADA aportou no seu momento a experiencia e a súa rede de clientes. Segue
A Unión Comarcal de CCOO de Vigo denuncia «precariedade e riscos para a saúde» no CTAG
A Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo denuncia «precariedade e riscos para a saúde» no Centro Tecnológico de Automoción de Galicia (CTAG). Segundo o sindicato, o CTAG non pode presumir de ser un centro tecnolóxico «punteiro» cando o seu modelo laboral se basea en «salarios miserables», abuso dos contratos temporais e de prácticas, ao tempo que pon en risco a saúde do persoal, cuestión esta que xa levou á apertura dun expediente sancionador.
Xuntanza da estrutura da Federación de Servizos de Galicia coa nova Dirección Provisional
Despois da disolución da anterior executiva da Federación de Servizos de Galicia, hoxe martes, seis de agosto celebrouse unha xuntanza en Santiago á cal asistiu a estrutura cos integrantes da Dirección Provisional.
Tratáronse diversos temas, entre os cales están a situación da Federación, a atención sindical e a organización do traballo ata o Congreso da Federación que se celebrará o próximo quince de marzo.
Na
imaxe, e de esquerda a dereita, algúns dos integrantes da
Dirección Provisional:
Alejandro Salvador (apoio Organización), Benito Gutiérrez
(presidente da Dirección Provisional), Francisco Villares
(responsable de Organización) e Raquel Blanco (apoio Acción
Sindical).

CCOO logra a maiorÃa absoluta nas eleccións ao comité provincial de Tragsatec na Coruña
A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO logrou a maiorÃa absoluta nas eleccións ao comité provincial de Tragsatec (Grupo Tragsa) na Coruña. A estas eleccións estaban chamadas a participar 279 persoas, que de maneira maioritaria outorgaron a súa confianza a Comisións Obreiras.
Nas eleccións de hai catro anos gañara a CSIF, que obtivera seis membros dos trece que compoñen o comité; CCOO situárase no segundo lugar, con cinco, e a UGT completaba a relación con dous. Agora invertéronse as tornas, tras lograr CCOO sete delegados e delegadas ?maiorÃa absoluta? por cinco da CSIF e só un da UGT.
Recoñecemento á loita contra o ERE
Desde CCOO-Servizos salientan que estes «magnÃficos resultados» son o «recoñecemento dos nosos compañeiros e compañeiras» ao traballo realizado por Comisións Obreiras contra o expediente de regulación de emprego (ERE) no Grupo Tragsa. Como parte desta loita houbo concentracións fronte ao Parlamento galego e reunións cos grupos parlamentarios, folga varias xornadas paros ou reunións con membros do Parlamento europeo, entre outras iniciativas.
Os integrantes da candidatura de CCOO comprométense a continuar traballando «arreo» contra un ERE «inxusto e desproporcionado» e pola defensa do emprego e da calidade do mesmo dentro do Grupo Tragsa.
+
Para máis información:
Claudio Landeira, voceiro de CCOO en Tragsatec: 649 684 220
















