Normas definitivas do Proceso Congresual da Federación de Servizos de Galicia
A Dirección Provisional de CCOO Servizos Galicia, na súa reunión do pasado 20.10.2016 aprobou a modificación do Anexo Organizativo, á súa vez aprobado no Consello Federal do pasado 14.09.2016, adecuando ao mesmo os anexos organizativos dos sindicatos comarcais de Galicia, aprobados a posteriori.
Convocatoria e normas para o desenvolvemento do Plenario en Galicia da Sección Sindical de CCOO en SUPERMERCADOS DIA
A Comisión Executiva da Federación de Servizos de CCOO, na súa reunión do pasado 12 de setembro de 2016, aprobou a convocatoria do Plenario da Sección Sindical Estatal de SUPERMERCADOS DIA que se celebrará en Madrid o próximo 29 de novembro de 2016, así como as Normas de Funcionamento do mesmo.
A Dirección Provisional de CCOO Servizos Galicia, en cumprimento das normas aprobadas para este proceso pola C.E. Federal, así como do Regulamento Interno de seccións sindicais aprobado polo Comité Federal o 20 de abril de 2015, adopta as seguintes normas para o seu desenvolvemento en Galicia.
Normas Plenario DIA Galicia GL Normas Plenario DIA Galicia ES
Delegadas e delegados de Grupo Banco Popular concéntranse diante do Parlamento de Galicia no inicio da súa X lexislatura
Coincidindo co inicio da X lexislatura do Parlamento de Galicia, traballadoras e traballadores de Grupo Banco Popular manifestáronse para expresar o seu total rexeitamento ao ERE salvaxe que pretende levar a cabo o Banco.
Convocatoria e normas, para o seu desenvolvemento en Galicia, do VIII plenario da Sección Sindical Estatal de PARADORES DE TURISMO
A Federación de Servizos de CC.OO. de Galicia, en aplicación dos acordos da sección sindical estatal da empresa PARADORES DE TURISMO DE ESPAÑA SA, sobre a renovación dos órganos de dirección da sección sindical, convoca mediante a presente Plenario Rexional de afiliados e afiliadas de CCOO en Paradores de Turismo de España, SA de todos os centros en Galicia, o próximo 24 de outubro en Santiago de Compostela no Polígono San Lázaro en Santiago-A Coruña, ás 12,30 horas.
Con este Plenario de afiliados e afiliadas preténdese dar voz á afiliación a cerca de como se pode organizar a sección sindical en Galicia, debater os documentos do plenario estatal, e escoller dous representantes para acudir ao plenario estatal da sección sindical de CCOO en Paradores.
Para máis información sobre este proceso, podes consultar a seguinte ligazón e/ou consultar cos teus delegados/as de CCOO no teu centro os documentos do plenario estatal, aos efectos de efectuar as achegas que se consideren oportunas.
Para calquera dúbida ao respecto quedamos á túa disposición na dirección de correo electrónico: direccionprovisional.galicia@servicios.ccoo.es
Atentamente.
CCOO Servizos Galicia
Normas Plenario Paradores Galicia GL Normas Plenario Paradores Galicia ES
Convocatoria e normas, para o seu desenvolvemento en Galicia, do VII plenario da Sección Sindical Estatal de ALCAMPO
A Federación de Servizos de CC.OO. de Galicia, en aplicación dos acordos da Sección Sindical Estatal de ALCAMPO sobre a renovación dos órganos de dirección da sección sindical, convoca mediante a presente as seguintes asembleas de afiliados e afiliadas de CCOO en Alcampo de todos os centros en Galicia:
CENTRO/PROVINCIA |
FECHA |
LUGAR |
HORARIOS |
ALCAMPO VIGO |
18/10/2016 |
As Teixugueiras, 11 Local CCOO(Vigo) |
15:30 - 17:30 |
ALCAMPO VIGO II |
18/10/2016 |
AV Madrid, s/n (Vigo) |
13:00 - 15:00 |
ALCAMPO A CORUÑA |
19/10/2016 |
Alfonso Molina, km.2 Planta 4 Local CCOO(A Coruña) |
13:00 - 17:00 |
ALCAMPO FERROL |
18/10/2016 |
Pol. De A Gándara s/n Ferrol(Coruña) |
12:00 - 16:00 |
ALCAMPO SANTIAGO |
19/10/2016 |
Alfonso Molina, km.2 Planta 4 Local CCOO(A Coruña) |
13:00 - 17:00 |
Con estas asembleas de afiliados e afiliadas preténdese elixir á representación provincial que corresponda para celebrar un Plenario de afiliados e afiliadas a nivel rexional, o próximo 24 de outubro en Santiago de Compostela, onde se acorde como se pode organizar a sección sindical en Galicia, se debata sobre os documentos do plenario estatal, e se escollan catro representantes para acudir ao plenario estatal da sección sindical de CCOO en Alcampo.
Para máis información sobre este proceso, podes consultar a seguinte ligazón e/ou consultar cos teus delegados/as de CCOO no teu centro os documentos do plenario estatal, aos efectos de efectuar as achegas que se consideren oportunas.
Para calquera dúbida respecto diso quedamos á túa disposición no enderezo de correo electrónico: direccionprovisional.galicia@servicios.ccoo.es
Atentamente.
CCOO Servizos Galicia
Normas Plenario Alcampo Galicia GL Normas Plenario Alcampo Galicia ES
Plan Banco Popular e Pastor: deixar sen traballo 435 familias en Galicia
Non ao proceso de Despedimento Colectivo en Banco Popular e en Banco Pastor!!
O próximo día 6 de outubro o Banco citou a toda a Representación Legal dos Traballadores, RLT, para iniciar formalmente o período de consultas que marca o artigo 51 do Estatuto dos Traballadores sobre o DESPEDIMENTO COLECTIVO anunciado. Previsiblemente, na mesma data o Banco presentará oficialmente á autoridade laboral a súa proposta para o DESPEDIMENTO de 3.000 PERSOAS, E A PERDA DE 3.000 POSTOS DE TRABALLO!!!
Previamente, toda a Representación Legal dos Traballadores fixemos propostas de flexibilidade interna durante o período establecido no artigo12 do vixente Convenio Colectivo de Banca para que a presentación deste SALVAXE ERE non se materializase, ao cal a empresa fixo oídos xordos.
- DIA 8 DE OUTUBRO: 12.00 h Concentración diante da OP do B. Pastor en Santiago
- DIA 13 DE OUTUBRO: De 18.00 a 19.00 horas Concentración de traballadores e traballadoras na OP do Banco Pastor, Cantón Pequeno, 1 de A Coruña.
- DIA 20 DE OUTUBRO: De 18.00 a 19.00 horas. Concentración de traballadores e traballadoras na OP do Banco Popular, c/Policarpo Sanz, 23 de Vigo.