Convocatoria e normas do Proceso Congresual da Federación de Servizos de Galicia
O Consello Federal reunido o 14 de setembro de 2016 procedeu á convocatoria do II Congreso CC.OO. Servizos de Galicia, que terá lugar en Santiago de Compostela o trece de marzo de 2.017.
O proceso congresual iniciarase o día doce de decembro de 2016 coas asembleas de primeiro nivel e, en sentido ascendente, culminará coa celebración do II Congreso da Federación de Servizos de Galicia.
Na documentación queda anexado con data 20.09.2016 o documento específico de contido organizativo sobre o desenvolvemento do proceso .
Concentración en A Coruña polo Convenio Colectivo de Contact Center
Enmarcada na convocatoria de concentracións en todo o Estado, hoxe xoves 15 de setembro, manifestámonos na Coruña, a carón do Obelisco por:
-
Un salario digno
-
Estabilidade e seguridade laboral
-
Finalización da precariedade
-
Cumprimento da lei
-
Limitación das subcontratas
-
Desenvolvemento da igualdade e conciliación
Despois de dous anos negociando, a patronal ignora as propostas presentadas.

A Federación de Servizos convoca a unha asemblea aos seus delegados das comarcas de A Coruña e Ferrol
Coa finalidade de expoñer a situación actual da Federación de Servizos de Galicia aos delegados das comarcas de A Coruña e Ferrol, convócase unha asemblea que terá lugar o próximo 21 de setembro ás 11:00 no salón de actos do Edificio Sindical de A Coruña, Av. Alfonso Molina, km 2, planta baixa.
Nova reunión do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña
O mércores 6 de setembro mantivemos unha nova reunión do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña.
O punto primordial da reunión era pedir que a patronal clarificase a pseudo-plataforma que entregou na reunión anterior que non detallaba as pretensións que tiña respecto a cada un dos apartados negociables: salarios, xornada, contratación, etc.
Unha vez detallada a Plataforma Patronal, xa nos queda clara a súa intención de modificar todos os aspectos do convenio. Poñemos como exemplo das súas pretensións as seguintes:
CCOO Servizos e UGT conseguen desbloquear a situación das empregadas e empregados de ALN (Contact Center) Coruña
No día de hoxe firmouse un ERE extintivo dentro de concurso cunha indemización de 20 días por ano, que sufragará o FOGASA. Co fin de axilizar o proceso non se fixo uso do período de consultas e procedeuse a entregar ao xuíz o acordo xa firmado. Deste xeito, as traballadoras e traballadores do ALN Coruña saen do "limbo" laboral no que se atopaban ata o de agora, xa que non tiñan carga de traballo, nin salarios, nin tampouco podían abandonar o seu posto.







