Inicio de mesa e plataforma Convenio material Construcción Ourense

convenio comercio material construción ourense

O pasado día 1 de xuño constituíuse a Mesa Negociadora do Convenio Colectivo de Comercio de Materiais de Construción e Saneamento da Provincia de Ourense, que en función da representatividade, está constituída da seguinte forma:

  • UGT :                 4 representantes.
  • CCOO:              2 representantes.
  • CIG:                   1 representante.

 O luns 12 de xuño mantívose a primeira reunión na que se presentou unha plataforma conxunta por parte de CCOO e UGT, co fin de tentar manter a unidade de acción para  fortalecer a negociación coa Patronal.

 Nesta reunión xa empezamos a tratar temas de xornada, salarios, licenzas, contratación ou incapacidade temporal, tal e como  propoñemos na plataforma adxunta.

 Seguiremos informando de como se van desenvolvendo as negociacións.


O sindicato pídelle «axilidade» ao banco para clarificar a situación e lémbralle que «as persoas son o primeiro»

CCOO reitéralle ao Santander a petición dunha reunión formal sobre a adquisición do Popular

Banco Santander Banco Popular

A sección sindical de CCOO-Servizos no Banco Santander reiteroulle hoxe á entidade, como principal interlocutora, unha reunión formal para que informe sobre a adquisición do Banco Popular. O sindicato demanda «axilidade» para ter canto antes información «de primeira man» sobre este proceso, alén do que diariamente se publica nos medios de comunicación e que está a xerar «intranquilidade» nos cadros de persoal de ambas as dúas empresas. Segue


O Grupo Parlamentario Socialista concorda co sindicato en que a venda do Popular orixina unha situación "complexa" e ofrece a súa colaboración

A Federación de Servizos de CCOO continúa a rolda cos grupos parlamentarios para tratar a situación do Banco Popular

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia continúa a rolda de conversas cos grupos parlamentarios galegos para abordar a problemática xurdida por mor da venda do Grupo Banco Popular. Tras as xuntanzas do martes con En Marea e PP, hoxe tivo lugar unha reunión con representantes do Grupo Parlamentario Socialista. Segue


reunión PSOEreunión psoe


A Federación de Servizos de CCOO reúnese cos grupos parlamentarios para tratar a situación do Banco Popular

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia está a manter reunións cos distintos grupos parlamentarios galegos para abordar a problemática xurdida por mor da venda do Grupo Banco Popular ao Banco Santander. Hoxe celebráronse reunións cos grupos políticos En Marea e Partido Popular , estando previsto para mañá, día 14, un encontro co PSG.

Nas xuntanzas de hoxe, a delegación de CCOO-Servizos estivo integrada pola secretaria xeral, Lucía Trenor, a responsable da sección sindical do Banco Popular, Carmen Peteiro, e polo responsable do sector financeiro de CCOO, Francisco Villares. Segue




Santander adquire Banco Popular: A principal preocupación é a defensa do emprego

Bancos Santander Popular

Ante a difusión hoxe en medios da decisión da Xunta de Resolución Bancaria Europea da adxudicación de Banco Popular a Banco Santander, dende a Federación de Servizos de CCOO en Galicia queremos pór de manifesto que esta noticia debe significar a finalización da incerteza que levan padecendo nas últimas semanas os máis de 1.400 traballadores e traballadoras do Grupo Banco Popular en Galicia. Segue


Xuntanza de delegadas/os e afiliadas/os de Paradores de Galicia

Paradores

 O pasado luns 5 de xuño tivo lugar nos locais de CCOO en Monforte de Lemos unha reunión de delegados e delegadas de Paradores de Galicia na que participamos a Sección Sindical de Galicia e delegados, delegadas, afiliados e afiliadas dos Paradores das provincias de Lugo e Ourense.

Nesta reunión valoramos o plan de traballo desta Sección Sindical e debatemos sobre os problemas máis importantes que afectan ó persoal destes Paradores de cara a buscar solucións para cada un deles. Segue


Comezan as negociacións do Convenio do Comercio Alimentación de Ourense

convenio comercio alimentación ourense

O pasado 9 de maio constituíuse a mesa de negociación do noso convenio. A representación sindical na mesa é a seguinte:

USO: 6 CCOO: 4 UGT: 3 CIG: 2

Na próxima reunión coa patronal, que se vai celebrar o mércores 31 de maio, empezarán as negociacións propiamente ditas. Os catro sindicatos puxémonos de acordo en elaborar unha plataforma conxunta para defendela de forma unitaria, o que nos vai dar máis forza de cara a conquistar melloras.

Tamén convimos en redactar follas - resumen das negociacións que se vaian mantendo- a fin de que todo o persoal estea puntualmente informado da marcha das mesmas. No seu caso, valoraremos convocar asembleas informativas.

FAGAMOS VALER A UNIDADE, A UNIÓN FAI A FORZA

Principais reivindicacións


CCOO Servizos revalida a súa maioría nas eleccións de Allianz en Galicia

eleccións Allianz

O pasado oito de maio tiveron lugar as votacións de Allianz en todo o Estado, e en Galicia para elixir aos delegados dos centros de Coruña, Vigo, Lugo e Ourense. Nesta ocasión o persoal volveu a escoller de forma maioritaria a candidatura de CCOO.

Partindo dun censo de 66 persoas os resultados quedaron da seguinte forma: CCOO obtivo 3 delegados na Coruña, e un en cada centro de Vigo, Lugo e Ourense; repartíndose un UGT en Lugo e outro a CIG en Ourense.

A sección sindical de CCOO quere amosar o seu agradecimento a todas as persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza nas Comisións Obreiras.


CCOO e UGT convocaron manifestacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo

Primeiro de Maio en Galicia: que a recuperación chegue xa a toda a cidadanía

Miles de persoas participaron nas manifestacións que CCOO e UGT convocaron en toda Galicia (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo) para conmemorar este Primeiro de maio e reclamaron que a recuperación chegue xa ao conxunto da cidadanía. Para isto, cómpre que os gobernos, o central e galego poñan riba da mesa todos os mecanismos necesarios para garantir emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social.




Vídeo
Imaxes