Ante
a difusión hoxe en medios da decisión da Xunta de Resolución
Bancaria Europea da adxudicación de Banco Popular a Banco
Santander, dende a Federación de Servizos de CCOO en Galicia
queremos pór de manifesto que esta noticia debe significar a
finalización da incerteza que levan padecendo nas últimas semanas
os máis de 1.400 traballadores e traballadoras do Grupo Banco
Popular en Galicia. Segue
Durante os últimos meses produciuse un goteo continuo de despedimentos
BBVA despediu a 50 traballadoreslas nos últimos meses, polo que o banco considera"baixa produtividade,
intencionada e voluntaria". Nada máis lonxe da realidade: o
banco obtivo este ano uns
beneficios de 3. 475 millóns de euros, todo para manter
unhas inmorais retribucións de 2. 200 Directivos, faltos de talento
para o posto que desempeñan
e que son incapaces de acadar as cifras de beneficios que xustifiquen as súas
altÃsimas remuneracións.
Están preparando o terreo para acelerar o "Banco
Dixital"e atentar agora contra o emprego de todos e todas nós. A Reforma Laboral de
2012 favorece a impunidade empresarial para levar a cabo estes despedimentos
inxustos, que o banco, nos xulgados, recoñece como improcedentes,
pero que deixan na rúa a
50 familias. Ademais, con estes despedimentos,"pinga a pinga",
BBVA persegue manter
amedrentado a todo o seu persoal.
Xa comunicáramos que a dirección de Abanca decidira trasladar as relacións sindicais desde a negociación ao enfrontamento: o horario comercial incompatible co horario laboral, o rexistro de xornada, as convocatorias fóra de horario, ...
Nas últimas semanas, reforzáronse as agresións contra o persoal baixo o manto de "a potestade empresarial":
A asignación duns obxectivos comerciais para 2017 incompatibles coa evolución prevista dos mercados en que operamos e a nosa cota nos mesmos.
A arbitrariedade coa que se están producindo despedimentos e a posta "en seguimento" de varios compañeiros, ignorando as circunstancias laborais (baixas prolongadas, vacantes non cubertas) e rebaixando o logro de obxectivos ata que "din o que quero".
Todos estamos afectados e xa hai quen se encargou de propagar a mensaxe: "coidado co que fas que xa sabes o que está a pasar". Para a nosa desgraza, a estrutura de Abanca está trufada de "xefes tóxicos" que campan ás súas anchas, incapaces de dirixir de forma eficiente os seus equipos e dedicados a conservar a súa posición por encima de calquera cousa. Desexamos que lles chegue pronto o seu San Martiño.
A vÃtima traballaba como director nunha oficina de Caixabank. CCOO convocou un paro de 5 minutos e concentracións á porta dos centros de traballo mañá, 24 de Novembro ás 12:00h.
Na reunión de 5 de novembro, ás 19:15 horas, firmouse o acordo do Expediente de Despido Colectivo dos Bancos Popular e Pastor.
A proposta de principio de acordo de CCOO, presentada na Mesa de Negociación, aceptada case na súa totalidade pola Dirección dos bancos e asumida por SEGRUPO no mesmo dÃa, unÃronse os sindicatos FITC, AMYC e UGT.
Nesa xornada os Bancos aceptaron incrementar o número de persoas que podan acollerse á medida que CCOO propuxo sobre excedencias voluntarias, o que permitiu diminuir arredor de 250 o número de baixas indemnizadas.
Continuando co calendario de concentracións, traballadoras e traballadores do Grupo Banco Popular saÃron á rúa para amosar o seu rexeitamento á postura inmobilista do Banco na negociación do ERE. Asà mesmo, as organizacións sindicais convocan unha folga que terá lugar o dÃa 10 de novembro.
Na quinta reunión da Mesa Negociadora, a Dirección situou a nova cifra en 2.592 persoas, reducindo en aproximadamente uns 400 o total dos 3.000 despedimentos anunciados ao inicio.
Por iso CCOO esiximos a mellora das condicións dos despedimentos e o respecto da voluntariedade.
Por iso CCOO continuamos a nosa loita para reducir os efectos deste salvaxe Despedimento Colectivo
Por iso CCOO seguimos negociando e, unha vez conseguida unha primeira redución do número de persoas afectadas polo proceso, presentamos na Mesa Negociadora a nosa plataforma.
A próxima mobilización está convocada para o dÃa 2 de novembro ás 18:00 en Lugo, Comenzando en Rúa da Raiña ( B Pastor OP) e rematando en Praza Maior (B Popular OP)
Coincidindo co inicio da X lexislatura do Parlamento de Galicia, traballadoras e traballadores de Grupo Banco Popular manifestáronse para expresar o seu total rexeitamento ao ERE salvaxe que pretende levar a cabo o Banco.
Os deputados de En Marea Yolanda DÃaz e Miguel Anxo Fernán-Vello achegáronse aos manifestantes para amosar o seu apoio e escoitar de primeira man as demandas dos traballadores.
Este ERE vai supoñer o peche de 42 oficinas e a perda de 435 postos de traballo en Galicia. Banco Popular pretende retomar o pago do dividendo en efectivo en 2017 e anuncia que acadará un "pay out" do 40% en 2018 polo que CCOO esixe a Popular que non pague dividendo mentres hai un ERE en marcha.
As próximas mobilizacións están convocadas para os dÃas 26 ás 18:30 en Ourense, e 2 de novembro ás 18:00 en Lugo.
Este xoves, 20 de outubro, ás 18:00 horas, tivo lugar unha nova concentración do persoal do Banco Popular, ante a oficina principal de Vigo, en protesta pola intención de despedir a 2900 persoas nun proceso de Expediente de Regulación de Emprego.
Mentres que se pretende despedir a tantas persoas neste proceso de ERE salvaxe, non cesan as prácticas ilegais de prolongación de xornada, que tantas veces se denunciaron ante Inspección de Traballo, ademais de poñer en risco a viabilidade futura da empresa.