Segunda reunión do acordo de relacións laborais para Pontevedra de Adecco Outsourcing SAU (Eurocen)

Acaba de celebrarse a segunda reunión relativa á negociación do acordo de relacións laborais para a provincia de Pontevedra coa dirección da empresa. Devandito acordo está dividido en dúas vertentes diferenciadas e relativas, a 1ª, a cuestións elementalmente salariais e a 2ª, a cuestións de tipo social como son permisos remunerados e licenzas.Segue


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

 En canto á segunda conseguimos a formalización dun preacordo que de ser sancionado polo persoal, entrará en vigor o próximo 1 de decembro do presente 2016. No referente á vertente económica, as posicións entre as partes seguen estando enfrontadas, e tras unha nova formulación de propostas, a empresa faranos chegar unha nova oferta a semana que vén, a cal valoraremos e estudaremos como se merece. Até o momento a empresa incidiu nuns criterios de converxencia cara as novas táboas salariais progresivas e cun horizonte de aplicación total que nós, tendo en conta a temporalidade do sector multiservicios no que traballamos, consideramos como excesivamente longa. En calquera caso, seguiremos traballando para conseguir o mellor acordo posible e que se axuste á realidade dun persoal cuns salarios moi baixos e unhas necesidades que se atopan no presente. Ambas as partes mostraron a súa vontade de acadar un acordo para o próximo 1 de decembro que na súa parte económica entraría en vigor con data 1 de xaneiro de 2017 e que, como é lóxico, será tamén sometido á aprobación do persoal.

Doutra banda, anunciarvos que paralelamente se constituíu a mesa de negociación do convenio nacional de Adecco Outsourcing na cal nos corresponde estar representados cun delegado que a sección de CCOO designou na figura do presidente do comité, e que a primeira reunión do devandito convenio celebrarase este 18 de novembro.

En último lugar, e tras o incumprimento por parte da anterior xerencia da delegación de Vigo acerca das reclamacións interpostas o pasado 25 de outubro relativas á total desinformación do estado individual da bolsa de horas, a constante reiteración de fallos na confección das nóminas, a falta de EPIS e material indispensable de traballo nos centros, o problema existente coas baterías de reserva e os módulos de carga dos mesmos no centro CTL3, aproveitamos a reunión para trasladar estes problemas e devandito incumprimento á dirección e esta comprometeuse a darlles solución nos próximos días, algo que esperemos que suceda dada a improcedencia destes feitos e o innecesario malestar que produce no persoal. Aproveitamos tamén para sinalar a falta de persoal de oficina, o cal retarda todo tipo de xestión e empeora a calidade e a eficiencia do devandito persoal, así como a falta de presenza por parte da xerencia local nos devanditos centros, algo que, pensamos, repercute na imaxe que a empresa traslada ante os clientes nos que mantemos os servizos.

Namentres, seguiremos informando e aproveitamos a ocasión para saudarvos,

DELEGADOS SECCIÓN SINDICAL CCOO EN ADECCO OUTSOURCING EN PONTEVEDRA

Contactos

Madrid - Edificio OXXEO - C/ Puerto de Somport, 9 - 28050
Barcelona - Avda Diagonal, 199 - 08018 - Planta 4 lado Besòs/Mar
Langreo - Polígono Industrial Valnalón, S/N - 33920
Murcia - C/ Nelva, 1, Torre B, - 30006
Cádiz  - C/ Francia, 4, Edificio Europa - 11011
Valencia - Edificio Europa - Avda de Aragón, 30 - 46021 
Sevilla- Calle Hispano Aviacion, 11,Parque Tecnologico Aeroespacial de Andalucia - 41309

capgemini@servicios.ccoo.es

https://www.ccoo-servicios.es/capgemini/

CCOO-Capgemini (@CCOO_Capgemini) / Twitter

 

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es