REGULAMENTOS ASEMBLEAS CONGRESUAIS DE NIVEL II -A Coruña, Santiago-Barbanza, Vigo-Baixo Miño-
CCOO Servizos anuncia paros pola degradación das condicións de traballo en Bosch, a segunda maior empresa de Vigo
A Federación de Servizos de CCOO anuncia paros pola degradación das condicións laborais en Bosch Service Solutions, a segunda maior empresa de Vigo por número de traballadores e traballadoras. Tras un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) que afectou a máis de 800 persoas, hoxe en día conta cunhas 1200 teletraballando; a maior parte delas achegan os seus propios medios sen que lles compensen os gastos do xeito en que obriga a lexislación —RD 28/2020 sobre traballo a distancia.
Desde o comezo da pandemia, a sección sindical de CCOO denuncia a «inadecuada» política de prevención de riscos laborais, especialmente en cuestións como a falta de ventilación axeitada ou sistemas de climatización estragados —que non se arranxaron ata que se denunciou na Inspección de Traballo—. «Isto pon en risco a saúde do persoal», advirten desde Comisións.
Amais da non compensación dos gastos e das deficiencias en prevención de riscos, CCOO tamén denuncia que a empresa impuxo as vacacións a case 800 persoas, facendo caso omiso do acordo a que se chegara recentemente co comité de empresa ante o Consello Galego de Relacións Laborais.
Horario dos paros
Ademais de «interpoñer as medidas legais oportunas», CCOO-Servizos e o comité de empresas convocan paros parciais para as próximas semanas. Os primeiros terán lugar o xoves, día 17, de 11 a 12 e de 17 a 18 horas, e o venres, día 19, de 13 a 14 e de 17 a 18 horas.
A sección sindical de CCOO Bosch Service Solutions denuncia a inadecuada polÃtica de prevención de riscos laborais no seu centro en Vigo
Bosch Service Solutions é a segunda empresa máis grande de Vigo por volume de persoal dedicada ao sector de contact center, que presta servizos a clientes como Vodafone, Repsol, Orange ou Iberdrola.
O ano pasado sufriu un ERTE que afectou a máis de 800 persoas e a día de hoxe conta con aproximadamente 1200 persoas en teletraballo, que achegan —a maioría— os seus propios medios sen que exista unha compensación dos gastos como esixe o RD 28/2020 sobre traballo a distancia. Ler máis
Asinado o Convenio Comercio-Alimentación de Pontevedra
O pasado venres 18 asinamos o convenio de Comercio Alimentación da Provincia de Pontevedra. Este novo convenio mantén o anterior convenio excepto nos seguintes aspectos:
-
Ámbito territorial, persoal e funcional, no que se mellora a redacción para garantir a inclusión de tódalas actividades de comercio alimentación e gandería.
-
Promoción profesional. Inclúese a promoción aos tres anos das categorías de telefonista, persoal de limpeza, axudante do grupo C, que comezarán a promocionar a partir do 1 de xaneiro de 2021, e a categoría de profesional de oficio de 2ª – Chofer de 2ª para as que se crea unha nova categoría de promoción, estas a partir do 1 de xaneiro de 2023. Ler máis










