O comité de Coremain denuncia o despedimento de ducias de persoas en Galicia
O comité de empresa de Coremain denuncia a pretensión da empresa de despedir a ducias de persoas traballadoras. A empresa comunicou á representación sindical a súa decisión de presentar un ERE extintivo o pasado venres día 26 de agosto. O comité manifesta o seu máis rotundo rexeitamento tanto aos despedimentos como a posible deslocalización dos postos de traballo.
A día de hoxe Coremain segue se concretar o número de despedimentos, que van de 30 a 80, creando incerteza entre as persoas que poden ser incluídas no ERE.
O comité culpa a Coremain desa deslocalización ao teren apostado en anos anteriores por derivar parte da carga de traballo a Perú, apuntando o camiño que parece seguir a nova adxudicataria do proxecto Vodafone (CAU-Centro de Axuda ao Usuario), a cal pretende trasladar todo o servizo de atención a usuarias e usuarios a este país e non contempla a subrogación do persoal actual. Ler máis
Mobilización en Teleperformance: Clamor nas rúas da Coruña contra a deslocalización da atención telefónica de Naturgy
O persoal de Teleperformance mobilizouse hoxe nas rúas da Coruña contra a deslocalización do servizo de atención telefónica que a compañía presta para unha das filiais de Naturgy. Entre berros como «Fenosa, escoita, estamos en loita», as traballadoras e traballadores esixiron o mantemento do emprego.
A secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, participou na manifestación e expresoulles ás traballadoras e traballadores o apoio do sindicato neste conflito. Así mesmo, denunciou a «cobiza» empresarial que motiva esta deslocalización, movida unicamente «por motivos económicos, sen ter en conta as persoas».
Recorte do 80 % do persoal
A decisión de Naturgy de trasladar a Colombia a maior parte do servizo de atención telefónica da súa filial Unión Fenosa Distribución (UDF) provocará que o 80 % do persoal deixe de ocuparse deste labor. Das 118 persoas empregadas para este cometido, continuarán dúas ducias, cifra que CCOO considera insuficiente para prestar un servizo de calidade. Ademais, a atención en lingua galega reducirase «á mínima expresión», denuncia o sindicato, que tamén reprocha a ausencia de compromisos de recolocación. Ler máis
Teleperformance leva a Colombia a xestión de servizos esenciais tales como bombeiros, emerxencias ou Forzas e Corpos de Seguridade do Estado
O obxetivo destas actuacións é que a cidadanía coñeza as graves repercusións que esta deslocalización de Fenosa a Colombia vai supoñer:
Que só 20 persoas traballadoras van atender dende A Coruña as chamadas en galego, o resto será xestionado dende Teleperformance Colombia.
Que toda a información técnica, de avarías, de provisións de servizo, cortes e reenganches, reclamacións, xestión de subministracións vitais, ordes de servizo ao persoal técnico encargado da revisión de contadores, de lecturas, de peticións de acometidas para altas de subministración, a atención aos servizos de emerxencias, bombeiros e forzas e corpos de seguridade do Estado no caso de accidentes do tendido eléctrico, a coordinación dos servizos técnicos, do persoal de reforzo nas avarías masivas,... vanse xestionar dende Colombia.
Naturgy non ten en conta a situación de Galicia, as súas características xeográficas e a súa poboación envellecida. Ademáis Fenosa non dispón de oficinas físicas e non é posible cambiarse de distribuídora de luz... o que vai dificultar e demorar a atención de incidencias que afectan a electricidade, subministración esencial.
Os datos dos clientes da distribuídora Fenosa van a un país estranxeiro que carece da estrita regulación sobre protección de datos existentes na Unión Europea, co grave risco que pode levar en materias tan sensibles como venda de datos persoais e posibles fraudes.
Teleperformance perde 100 postos de traballo no seu centro da Coruña e, a día de hoxe, non indicaron a este Comité se van manter as condicións do actual plantel. Ler máis
CCOO-Servizos congratúlase de que Vigo non aumente a zona de afluencia turÃstica e critica que A Coruña a amplÃe
CCOO-Servizos congratúlase de que Vigo non aumente a zona de afluencia turística, que permite a apertura todos os días do ano nos establecementos con máis de 300 metros cadrados de superficie. Porén, o sindicato critica que A Coruña non atendese o informe do sindicato e decidise ampliar a súa zona. Ler máis










