Cando falamos de
brecha salarial nosa cabeza vai a "as mulleres cobran menos que os
homes por igual traballo" exclusivamente, sen mirar outros factores
que inflúen directamente nesta diferenza.
CCOO e UGT convocan mobilizacións nas principais cidades e vilas galegas
(A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) para o
vindeiro domingo, dÃa 19. Os sindicatos denuncian que, mentres soben os
prezos, os salarios perden poder adquisitivo e aumenta a desigualdade.
MANIFESTACIÓNS -Santiago: 12 h, Alameda-PraterÃas -Ourense: 12 h, ao redor da Subdelegación do Goberno
CONCENTRACIÓNS -A Coruña: 12 h, Delegación do Goberno -Ferrol: 12 h, edificio da Xunta -Lugo: 12 h, Subdelegación do Goberno -Pontevedra: 12 h, Subdelegación do Goberno -Vigo: 11.30 h, museo MARCO
Convócase unha concentración o dÃa 3 de febreiro diante de Palexco (Peirao de Transatlánticos, A Coruña)
Xa comunicáramos que a dirección de Abanca decidira trasladar as relacións sindicais desde a negociación ao enfrontamento: o horario comercial incompatible co horario laboral, o rexistro de xornada, as convocatorias fóra de horario, ...
Nas últimas semanas, reforzáronse as agresións contra o persoal baixo o manto de "a potestade empresarial":
A asignación duns obxectivos comerciais para 2017 incompatibles coa evolución prevista dos mercados en que operamos e a nosa cota nos mesmos.
A arbitrariedade coa que se están producindo despedimentos e a posta "en seguimento" de varios compañeiros, ignorando as circunstancias laborais (baixas prolongadas, vacantes non cubertas) e rebaixando o logro de obxectivos ata que "din o que quero".
Todos estamos afectados e xa hai quen se encargou de propagar a mensaxe: "coidado co que fas que xa sabes o que está a pasar". Para a nosa desgraza, a estrutura de Abanca está trufada de "xefes tóxicos" que campan ás súas anchas, incapaces de dirixir de forma eficiente os seus equipos e dedicados a conservar a súa posición por encima de calquera cousa. Desexamos que lles chegue pronto o seu San Martiño.
De
conformidade ao Anexo Organizativo da Federación de Servizos de
Galicia aprobado na reunión do Consello Federal o pasado 14 de
setembro, e en cumprimento das Normas Congresuais aprobadas no
Consello Confederal o pasado 11 de xullo de 2016, asà como das
Normas Congresuais sobre o II Congreso da Federación de Servicios de
CCOO, aprobadas no Consello Federal, acórdase o presente Regulamento
sobre o desenvolvemento do proceso de asembleas congresuais de NIVEL
II do ámbito de CCOO Servizos Galicia.
No dÃa de hoxe culminou o proceso de eleccións sindicais na empresa Alimentación Saludable, do sector de Restauración Colectiva e que desenvolve a súa actividade en comedores escolares e en actividades extraescolares.O resultado das votacións deu como vencedor a CCOO cunha nova delegada, sendo esta a única candidatura que se presentou.