cambiando inditex




CCOO decidiu non asinalo desde a responsabilidade e a defensa dos dereitos laborais

Publicado o Convenio Colectivo Comercio Alimentación de A Coruña

Convenio Colectivo Comercio Alimentación Coruña

Trala sinatura do preacordo e tal como se informou o vinte de decembro de 2016, CCOO decidiu non asinalo en base a:

  • Por unha parte ao recorrido que aínda quedaba para o proceso negociador e a posibilidade de iniciar campañas de mobilizacións e folga
  • Por outra a unha serie de temas fundamentais que era importante mellorar respecto ao convenio anterior:  
    • Non reduce a xornada laboral: é un dos convenios coa xornada anual máis alta e non considera un mínimo de sábados libres ao ano
    • Non regula o control de presenza polo que se seguirán producindo prolongacións irregulares de xonada
    • O incrementos salariais son insuficientes
    • Non referencia o mantemento do poder adquisitivo ao IPC


CCOO Servizos obtén toda a representatividade en DÉCIMAS (A Coruña, Ferrol e Santiago)

Eleccións en Décimas

CCOO gañou as eleccións sindicais ao ter sido elexidas as tres delegadas de personal que se presentaron, quedando a CIG sen representación.

CCOO mellora os resultados obtidos nas anteriores eleccións en Sport Street S.L., empresa da que provén Décimas SLU, despois da segregación en distintas marcas.

Cabe salientar que o plantel é maioritariamente feminino e que estre feito se reflectiu na elección das representantes. CCOO quere expresar o seu agradecemento ás persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza nas Comisións Obreiras.


Durante os últimos meses produciuse un goteo continuo de despedimentos

BBVA: non máis despedimentos, non hai razóns

BBVA despediu a 50 traballadoreslas nos últimos meses, polo que o banco considera"baixa produtividade, intencionada e voluntaria". Nada máis lonxe da realidade: o banco obtivo este ano uns beneficios de 3. 475 millóns de euros, todo para manter unhas inmorais retribucións de 2. 200 Directivos, faltos de talento para o posto que desempeñan e que son incapaces de acadar as cifras de beneficios que xustifiquen as súas altísimas remuneracións. 

Están preparando o terreo para acelerar o "Banco Dixital"e atentar agora contra o emprego de todos e todas nós. A Reforma Laboral de 2012 favorece a impunidade empresarial para levar a cabo estes despedimentos inxustos, que o banco, nos xulgados, recoñece como improcedentes, pero que deixan na rúa a 50 familias. Ademais, con estes despedimentos,"pinga a pinga", BBVA persegue manter amedrentado a todo o seu persoal. 

Ante esta actitude dos novos responsables de Recursos Humanos en BBVA, que destrúe emprego, o conxunto da representación sindical de BBVA mobilizámonos co cadro de persoal para ir desenvolvendo as accións necesarias ante a sociedade, que deixen en evidencia o falso discurso de Ética e Responsabilidade Social que manexa o BBVA. Atentar contra o emprego é agredir ao personal así como unha irresponsabilidade social.

Despedimentos BBVA

Vídeo


Emprego e salarios dignos para unha vida digna

10 de Marzo - Día da Clase Obreira Galega do 2017

10 Marzo

Hoxe, 10 de Marzo de 2017, conmemoramos o aniversario daquela tráxica data de loita, pero tamén de honra e de dignidade da clase obreira galega. Daquela, os traballadores e traballadoras da Bazán pelexaban polo seu convenio colectivo, por un salario digno, contra a carestía da vida, por mellores condicións de vida e polas liberdades democráticas. Hoxe, 45 anos máis tarde, a cerna daquelas reivindicacións é a mesma: seguimos loitando polos convenios colectivos, porque son o único instrumento válido para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores e porque con eles se aplica a primeira repartición da riqueza nas empresas.


Os sindicatos ven insostible a situación actual e piden a revalorización dos salarios e a fin da precariedade laboral

Concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva

UGT-Galicia e o S. N. de CCOO de Galicia convocaron para hoxe mércores, día 22 de febreiro, concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva. Os sindicatos lembran que o actual escenario económico vén definido polo continuo do crecemento do produto interior bruto, un 3,3 en Galicia en 2016 e uns prognósticos de aumento para 2017 do 2,4 %. CCOO e UGT entenden que esta incipiente recuperación da economía se debe traducir nunha mellora, tamén, do poder adquisitivo dos salarios, desvalorizados tras máis de oito anos de crise.


22f convenio colectivo22f convenio colectivo