Firma do Convenio Colectivo de NH Atlántico Coruña

nh

Onte martes, 5 de setembro, asinouse o convenio colectivo do Hotel NH Atlántico da Coruña por CCOO e USO con vixencia 2016 - 2018 e tras a aprobación en asemblea pola totalidade do persoal.
Este Convenio mantén as condicións do anterior e a importancia da súa firma radica en que mantén vixencia con ultractividade, máis alá de agosto de 2018, data en que se renegocia a concesión do hotel, permitindo o mantemento das melloras sobre o provincial de hostalaría, con independencia da empresa hoteleira que puidese facerse coa concesión e coa garantía dun incremento salarial do 4% nos tres anos de vixencia, rompendo así coa conxelación salarial de anos anteriores.


O secretario xeral do sindicato e os responsables das federacións do sector privado valoraron a proposición de lei de fomento da implantación de inici

Ramón Sarmiento: «Estabamos preocupados pola industria galega, pero tras coñecermos o plan do PP aínda o estamos máis»

PDL implantación de iniciativas empresariais en Galicia

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras fixo hoxe unha primeira valoración da proposición de lei (PDL) para a implantación de iniciativas empresariais en Galicia, que presentou pola vía de urxencia o Grupo Parlamentario Popular. O secretario xeral do sindicato, Ramón Sarmiento, expresou que, se xa estaban preocupados pola situación da industria galega, «a iniciativa do PP multiplica exponencialmente a nosa preocupación».


Carta á Xunta de Galicia rexeitando a apertura de domingos e festivos no Comercio Galego

apertura domingos festivos

Unha vez máis, como cada ano, desde a Xunta de Galicia e en cumprimento da lei de horarios comerciais, solicítasenos que entreguemos unha relación de dez domingos e festivos que puidesen considerarse como de posible apertura comercial.
A apertura de domingos e festivos en comercio, permite e fomenta unha loita desigual entre as grandes superficies e o pequeno comercio de proximidade, e coa escusa do incremento de postos de traballo, precariza as condicións das traballadoras e traballadores do sector.

A estas alturas, a experiencia xa nos indica claramente que o incremento de horas comerciais non implica un aumento substancial do emprego, senón que máis ben lévanos á precarización das condicións laborais con incrementos abusivos de xornada, con aumento do número de horarios irregulares e impedindo a conciliación da vida laboral e familiar.
Ademais a apertura de domingos e festivos, potencia unha perniciosa identificación entre lecer e consumismo desmedido.

A Federación de Servizos de CCOO, unha vez máis, realizou un escrito de contestación situándose contra a apertura de domingos e festivos.

Podes velo aquí


CCOO Servizos consegue a maioría absoluta e mellora resultados nas eleccións de DIANA PROMOCIÓN (A Coruña)

eleccións diana promocion

Hoxe martes, oito de agosto, celebráronse eleccións na empresa DIANA PROMOCIÓN S.A., Provincia da Coruña.

Estas eleccións corresponden ao persoal de traballadores e traballadoras externos, adicadas a actividades de reposición "MERCHAN" nos centros de traballo de Alcampo Coruña, Alcampo Santiago, Carrefour Alfonso Molina, Carrefour Os Rosales e Carrefour Coristanco, co seguinte resultado: CCOO 4 - UXT 1.

Este resultado mellora a representación anterior de CCOO incrementado nunha delgada o resultado de fai catro anos.

CCOO Servizos amosa o seu agradecemento a todas as persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza en Comisións Obreiras.

CCOO Servizos quere dar os parabéns tamén a todos os traballadores e traballadoras xa que con este resultado se renova o compromiso adquirido nas urnas e ponse a disposición para continuar defendendo os intereses laborais.


Desconvocada a folga de Lefties (Inditex) en Vigo

desconvocatoria folga lefties

Motivado pola falla de personal e a conseguinte sobrecarga de traballo nas dúas tendas de Lefties de Vigo, o Comité de Empresa de Zara España na provincia de Pontevedra convocou unha folga para o próximo venres 30 nas devantitas tendas. Os contactos coa dirección da empresa deron os seus froitos e conseguironse cinco novas incorporacións, o incremento a 40 horas a dúas traballadoras na tenda de Gran Vía e unha na de Progreso, quedando así desconvocada a folga.


Por parte de CCOO creemos que estes reforzos deben axudar a paliar a excesiva carga de traballo que soportan as traballadoras.