Hotusa, a empresa que explota as instalacións, prometera hai un ano manter os postos de traballo
En xuño de 2015,
o grupo Hoteleiro Hotusa, tras facerse cargo da xestión do Gran Hotel La Toja, presentou ás traballadoras e traballadores cartas
de subrogación nas que se garantÃan os postos e as condicións de
traballo. Meses despois, e amparado en informes económicos
desfavorables expresou a súa intención de pechar as súas portas en
tempada baixa.
Mediante un ERTE establecéronse axustes
nas xornadas laborais cun tope de 1.300 horas no ano 2016 para evitar
pechar ao público, compensando perÃodos de menor e maior afluencia.
Porén, neste último
verán a empresa negociou de forma individual cos afectados o cambio
de contrato fixo a fixo discontinuo, evitando a negociación
colectiva e presionando de todos os xeitos posibles para que os
sindicatos aceptasen esta medida, feito ao que Comisións Obreiras
non cedeu e ao que se opuxo rotundamente.
CC.OO asegura que as
dúas persoas despedidas se caracterizaron polo firme rexeitamento ao
expediente de regulación de emprego (ERE) formulado pola dirección
do grupo Hotusa, que explota as instalacións. Asemade, denunciaron
incumprimentos da cadea hoteleira, como o non pagamento das horas
extras realizadas durante a vixencia do ERE, xa que o acordo asinado
entre o comité e a dirección fixaba un máximo de 1.300 horas
anuais, que se acabou superando. Tamén se opuxeron á destrución
dos contratos fixos e de maiores de 55 anos, que foron sustituÃdos
por fixos discontinuos, por xente xoven con salarios de miseria e
alumnos en prácticas.
Cabe salientar que
esta polÃtica de represión sindical de Hotusa estase aplicando con
igual intensidade no Hotel de la Reconquista de Oviedo con despidos
de integrantes do comité de empresa.
Comisións lamenta
tamén a pasividade e falta de solidariedade amosada polos outros
sindicatos con representación na empresa, CIG e CSIF, que ademais
non acudiron á concentración.


Máis imaxes
Video: intervención de Isabel, unha das despedidas
En "La Voz de Galicia"
CCOO denunciou a situación e a empresa respondeu despedindo dous compañeiros
- Defendamos os nosos dereitos laborais, defendamos os postos de traballo da xente da comarca e da vila!
- Pactos incumpridos por parte da empresa HOTUSA. Hai culpables, basta de abusos, loitamos polo emprego
- Pola estabilidade na nosa localidade. Aféctanos a todos, tomos somos afectados!
- Se non loitamos polo noso futuro e o benestar na nosa terra, que futuro queda para a nosa xuventude?
- Si ao traballo, si á defensa dos nosos dereitos! Si á liberdade de expresión!
- Non á represión contra Comisións Obreiras e os seus delegados e delegadas!
- Basta xa de castigos a abusos laborais desta empresa.
Concentración: 9 de decembro - 11 hrs. - Diante do Concello do Grove
BASTA DE REPRESIÓN SINDICAL! DESPEDIDOS READMISIÓN!
A
Federación de Servizos de CC.OO. de Galicia, en aplicación dos
acordos da sección sindical estatal da empresa PARADORES DE TURISMO DE ESPAÑA SA, sobre a
renovación dos órganos de dirección da sección sindical, convoca
mediante a presente Plenario Rexional de
afiliados e afiliadas de CCOO en Paradores de Turismo de España, SA
de todos os centros en Galicia, o próximo 24
de outubro en Santiago de Compostela no PolÃgono San Lázaro en
Santiago-A Coruña, ás 12,30 horas.
Con
este Plenario de afiliados e afiliadas preténdese dar voz á
afiliación a
cerca de como se
pode organizar a sección sindical en Galicia,
debater os
documentos do plenario estatal, e escoller
dous representantes para acudir ao plenario estatal da sección
sindical de CCOO en Paradores.
Para
máis información sobre este proceso, podes consultar a seguinte
ligazón e/ou consultar cos teus delegados/as de CCOO no teu
centro os documentos do plenario estatal, aos efectos de efectuar as
achegas que se consideren oportunas.
Para
calquera dúbida ao respecto quedamos á túa disposición na
dirección de correo electrónico:
direccionprovisional.galicia@servicios.ccoo.es
Atentamente.
CCOO
Servizos Galicia
Normas Plenario Paradores Galicia GL Normas Plenario Paradores Galicia ES
27 de Setembro, DÃa Mundial do Turismo 2016
Hoxe, 27 de setembro celébrase o DÃa Mundial do Turismo 2016. Por iso CCOO, UGT e varias asociacións profesionais organizan un dÃa de mobilización en todo o estado para denunciar a situación dos traballadores do sector: explotación laboral, baixos salarios, inseguridade no traballo, a falta de negociación colectiva sectorial e aumento da externalización, a fin de non aplicar os acordos colectivos sectoriais para rebaixar salarios en preto de 40%, como no caso das camareiras de piso.
Este movemento reivindica o dereito a condicións de traballo dignas, emprego estable e con dereitos, o recoñecemento da profesionalidade e conseguir o relanzamento da negociación colectiva para recuperar os dereitos e o poder adquisitivo dos salarios, para reverter a externalización e obter o recoñecemento das enfermidades profesionais. En definitiva loitar por un emprego decente e un salario para deixar de ser "A CARA B DO TURISMO EN ESPAÑA". Porque o plantel do sector turÃstico ten pouco que celebrar e moito que reclamar.
Segundo os datos de CCOO, os datos dos primeiros oito primeiros meses do ano amosan unha recuperación da actividade turÃstica. Por exemplo, o número de visitantes a Galicia aumentou un 5,45 % e o de pernoitas incrementouse o 6,89 % respecto do 2015. Con todo, esta aparente bonanza non se traduciu na mesma medida no número de empregos xerados, que só medrou un 2,52 %, e «aÃnda por riba» máis do 90% das contratacións son eventuais.
Despois
da disolución
da anterior executiva da Federación de Servizos de Galicia, hoxe
martes, seis de agosto celebrouse
unha xuntanza en Santiago á cal asistiu a estrutura cos integrantes da Dirección Provisional.
Tratáronse
diversos temas, entre os cales están a situación da Federación, a
atención sindical e a organización do traballo ata o Congreso da
Federación que se celebrará o próximo quince de marzo.
Na
imaxe, e de esquerda a dereita, algúns dos integrantes da
Dirección Provisional:
Alejandro Salvador (apoio Organización), Benito Gutiérrez
(presidente da Dirección Provisional), Francisco Villares
(responsable de Organización) e Raquel Blanco (apoio Acción
Sindical).
