CCOO Servizos interpón un conflito colectivo contra Adecco Outsourcing SAU (Eurocen)
Tralos sucesivos incumprimentos da normativa laboral por parte de Adecco Outsourcing SAU, a Federación de Servizos de CCOO decidiu interpor o conflito colectivo en solitario. O persoal vese obrigada a axustarse a unha bolsa de horas imposta unilateralmente pola empresa, asà como a traballar unha xornada moi superior á das empresas onde presta servizo, relacionadas todas elas coa automoción e a loxÃstica do devandito sector.
A noticia foi ben acollida polo persoal, que se atopa inmerso desde o pasado mes de xuño nun proceso de eleccións sindicais, torpedeado de maneira sistemática pola propia empresa e o sindicato afÃn FASGA, tamén presente en empresas como El Corte Inglés.
Esta demanda e o proceso de eleccións sindicais enmárcanse na ofensiva de Comisións Obreiras para dotar dun marco legal adecuado ás empresas do sector de Outsourcing ou multiservicios, esixindo que se apliquen os respectivos convenios sectoriais e evitar a precariedade laboral e salarial.
O traballo diario da candidatura e a maior parte do persoal en Adecco Outsourcing foron determinantes para continuar con este proceso.
CONOCER LA VIOLENCIA, EL PRIMER PASO PARA COMBATIRLA
Renovada la sección sindical de CCOO Servicios en Leroy Merlin.
Comeza o proceso de negociación do Convenio Comercio-Alimentación A Coruña
ércores 27 de xaneiro de 2016 constituiuse a Mesa Negociadora do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Provincia da Coruña, dando inicio ao proceso de negociación.
Un Convenio de gran relevancia que regula as condicións laborais de multitude de traballadores e traballadoras de pequenas tendas de alimentación en toda a provincia, carnicerÃas, pescaderÃas, conxelados, etc, ademais de grandes cadeas de supermercados como GADIS ou FROIZ, tanto nas súas tendas como centrais de distribución.

Estamos convocados no mes de febreiro a unha nova reunión, á que CCOO acudirá consciente da responsabilidade de conseguir un bo acordo, que permita mellorar as condicións de traballo dun número tan importante de persoas que traballan no sector.
Seguiremos informando puntualmente de todas as novidades ou acontecementos que vaian aparecendo durante esta negociación, mediante as nosas ligazóns:
https://www.facebook.com/ServizosCCOO,
https://twitter.com/servizosccoo


.jpg)






