CCOO Servizos reitéramoslle á Xunta de Galicia a nosa oposición á apertura dos comercios durante domingos ou festivos
A Federación de Servizos de CCOO reiterámoslle á Xunta de Galicia o noso rexeitamento á apertura dos comercios en domingo ou durante festivos. Así llo fixemos saber á Dirección Xeral de Comercio e Consumo ante a consulta trasladada que o departamento autonómico nos trasladou ao sindicato para coñecer a nosa posición ante esta medida.
Cómpre lembrar que o artigo 5.1 da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, permite a apertura dos comercios un máximo de dez domingos e festivos ao ano. Asemade, o artigo 6.1 da citada norma sinala que a Xunta consultará —antes do 15 de outubro do ano anterior— esta posibilidade con diversas entidades, entre elas os sindicatos do sector.
Ano tras ano, CCOO rexeitamos esta medida por considerarmola «prexudicial» para as condicións de traballo das persoas que traballan no sector e ser un elemento que contribúe á precariedade a través de prolongacións de xornada, amais de impedir a conciliación da vida laboral e familiar.
Na nosa opinión, sen estas aperturas extraordinarias, o horario comercial "xa abastece suficientemente" as necesidades da poboación, polo que a medida unicamente xeraría un «prexuízo notorio» para os traballadores e traballadoras do comercio.
Acompañamos carta de contestación:
En prensa:
La Voz de Galicia: Comisiones Obreras traslada a la Xunta su rechazo a abrir el comercio en días de descanso
Galicia Confidencial: Comisións Obreiras oponse a permitir a apertura dos comercios en domingos e festivos
21Noticias: CCOO comunícalle á Xunta de Galicia a súa oposición á apertura dos comercios durante domingos ou festivos
RNE: Entrevista a Juan Zas, strio. Acción Sindical CCOO Servizos
CCOO Servizos mobilizámonos en Santiago contra Decathlon, condenada pola Audiencia Nacional por prácticas antisindicais
Comisións Obreiras (CCOO) convoca mobilizacións contra as «actitudes antisindicais e anticonstitucionais» de Decathlon, empresa recentemente condenada pola Audiencia Nacional por vulnerar os dereitos das delegadas e delegados sindicais. Por este motivo, haberá unha concentración o vindeiro luns, 12 de agosto, das 12 ás 13 horas, diante da tenda que a compañía ten no polígono de Costa Vella (Santiago de Compostela).
O pasado mes de xuño, a Audiencia Nacional deulle a razón a CCOO mediante unha sentenza en que aprecia a «evidente mala fe» de Decathlon España e estimou que a «vontade» da empresa é «contraria […] a respectar os dereitos dos seus delegados sindicais». O tribunal impúxolle á empresa unha multa de 3.000 euros así como unha indemnización ao sindicato doutros 30 000 por danos e prexuízos.
Tentativa de intimidar a CCOO
Malia este precedente, Decathlon España continúa reincidindo nestas prácticas, neste caso interferindo nas eleccións sindicais do centro de traballo de Costa Vella, en Santiago de Compostela, mediante a comunicación de sancións e despedimentos para «tentar intimidar as persoas que se presentan polas nosas candidaturas».

____________________________________
Actualización: Hoxe, día 12 de agosto, concentrámonos contra as actitudes antisindicais e anticonstitucionais de Decathlon. A continuación amosamos imaxes e vídeo das concentracións:













Información sobre a sentenza da Audiencia Nacional: La AN sentencia que Decathlon vulnera la libertad sindical de los y las delegadas de CCOO
As mobilizacións en presa:
TVE 1: Reportaxe. [Minuto 08:38]
El Español: CCOO protesta ante Decathlon, en Santiago, por sus actitudes "antisindicalistas".
La Vanguardia: CC.OO. protesta ante Decathlon en Santiago por vulnerar “derechos sindicales” pese a haber sido condenada en junio
El Correo Gallego: CCOO denuncia en Santiago las "actitudes antisindicales" de Decathlon
Xornal de Compostela: CCOO protesta diante de Decathlon por vulnerar “dereitos sindicais” a pesar de ser condenada en xuño
Europa Press: CC.OO. protesta ante Decathlon en Santiago por vulnerar "derechos sindicales" pese a haber sido condenada en junio
Diario de Santiago: Una protesta en Santiago exige el fin del acoso sindical en la tienda Decathlon de Costa Vella
Demandamos a Decathlon por vulneración do dereito á Liberdade Sindical
Presentamos unha demanda de tutela contra a empresa Decathlon pola vulneración do dereito fundamental de liberdade sindical. Esta demanda ven motivada pola negativa da empresa a aportar documentación e información relativa ás condicións laborais do persoal, por impedir o desenvolvemento da nosa actividade sindical negando o uso do crédito horario e por tomar represalias laborais cara ao activo sindical de CCOO, entre outras prácticas. Ler máis
14.981 sinaturas (55,13% do persoal) apoian en só 8 dÃas a campaña de CCOO
Á dirección do Grupo Inditex: Trala publicación dos beneficios do Grupo Inditex (5.381 millóns, cun incremento do 30%) as traballadoras e traballadores do Grupo pedimos que se repercutan, de forma xusta e equitativa, en quen os facemos posíble: en todas as persoas traballadoras de todas as cadeas de todo o Estado, con avances reais e globais nas mesas estatais, homologando condicións:
- Desenvolvemento do Plan de Igualdade: Fins de semana de calidade, ampliacións de xornada...
- Defensa integral da saúde: Carga de traballo, climatización, protocolos de violencia.
- Xestión da madurez: Prexubilacións, reducións de xornada, aumento de días de vacacións, plan de pensións de emprego...
- Desenvolvemento doutros aspectos salariais: Prima de vinculación, Plus de antigüidade, Sistema de incentivos e transparencia nas comisións, Aplicación do incentivo de dependenta a todas as cadeas por igual, Aumento do desconto e límite Affinity.
O momento é AGORA. Porque TODAS somos INDITEX
Asinado entre o 15 e o 22 de marzo de 2024 por persoas traballadoras de Inditex (55,13% do persoal de tendas) Ler máis












