Concentracion fronte á central de Inditex para denunciar a situación laboral das traballadoras de LEFTIES (Inditex)
Hoxe, 22 de xuño, ás 12:00h, realizouse unha CONCENTRACIÓN diante da sede principal de lnditex en Arteixo en protesta pola reiterada actitude de desprezo da Dirección da empresa cara aos nosos dereitos e en demanda das melloras que levamos reclamando infrutuosamente desde hai moito tempo:
Inicio de mesa e plataforma Convenio material Construcción Ourense
O pasado dÃa 1 de xuño constituÃuse a Mesa Negociadora do Convenio Colectivo de Comercio de Materiais de Construción e Saneamento da Provincia de Ourense, que en función da representatividade, está constituÃda da seguinte forma:
- UGT : 4 representantes.
- CCOO: 2 representantes.
- CIG: 1 representante.
O luns 12 de xuño mantÃvose a primeira reunión na que se presentou unha plataforma conxunta por parte de CCOO e UGT, co fin de tentar manter a unidade de acción para fortalecer a negociación coa Patronal.
Nesta reunión xa empezamos a tratar temas de xornada, salarios, licenzas, contratación ou incapacidade temporal, tal e como propoñemos na plataforma adxunta.
Seguiremos informando de como se van desenvolvendo as negociacións.
Comezan as negociacións do Convenio do Comercio Alimentación de Ourense
O pasado 9 de maio constituÃuse a mesa de negociación do noso convenio. A representación sindical na mesa é a seguinte:
USO: 6 CCOO: 4 UGT: 3 CIG: 2
Na próxima reunión coa patronal, que se vai celebrar o mércores 31 de maio, empezarán as negociacións propiamente ditas. Os catro sindicatos puxémonos de acordo en elaborar unha plataforma conxunta para defendela de forma unitaria, o que nos vai dar máis forza de cara a conquistar melloras.
Tamén convimos en redactar follas - resumen das negociacións que se vaian mantendo- a fin de que todo o persoal estea puntualmente informado da marcha das mesmas. No seu caso, valoraremos convocar asembleas informativas.
FAGAMOS VALER A UNIDADE, A UNIÓN FAI A FORZA
CCOO Servizos estrea representatividade en PerfumerÃas Bodybell e Allianz Seguros (Pontevedra)
CCOO Servizos pasa a ter presenza en dous novos centros de traballo da provincia de Pontevedra grazas a resultar electas no dÃa de hoxe dúas delegadas de persoal, unha en Ibérica de DroguerÃa e outra en PerfumerÃa SAU e Allianz Seguros.









