Carrefour Ourense deberá aumentarlle a xornada a unha traballadora e indemnizala polo lucro cesante
O Xulgado do Social núm. 1 de Ourense condena a Centros Comerciales Carrefour, S. A., de Ourense a lle aumentar a xornada laboral a unha traballadora e a indemnizala economicamente polo lucro cesante. A empregada, con máis de 25 anos de antigüidade, tiña xornada a tempo parcial e solicitara ampliala para traballar a tempo completo, ao considerar que se reunían os requisitos fixados no convenio colectivo. Ler máis
Asinado o convenio colectivo do comercio de alimentación de Ourense
Como principais características, o novo convenio terá vixencia para o período 2021-2024, reducirá a xornada laboral a 1812 horas anuais —equiparándose ao resto de convenios provinciais— e recollerá incrementos salariais por riba do 2,5 %. Ler máis
H&M presenta as súas propostas, CCOO responde con mobilizacións e esixe a retirada da modificación das condicións de traballo
O día seis, na terceira na reunión negociadora do ERE, H&M realizou propostas insuficientes:
- Non afectación a maiores de 50 anos
- Adscrición voluntaria limitada
- Oferta de vacantes a tempo parcial
En materia de indemnización, non expoñen unha contía pero seguirán os parámetros doutros procesos que se produciron anteriormente na empresa.
CCOO analizará con detalle as vacantes que expuxo a empresa, pero nunha primeira revisión observamos que se ofrecen vacantes en tendas afectadas por despedimentos, cuestión que nos parece incoherente e que reafirma a nosa posición de que as causas alegadas pola empresa seguen sen justificar os despedimentos expostos, así como o número tan elevado de tendas que se van a pechar. Ler máis

Un ano máis, volven os despedimentos a Media Markt Vigo!
O Comité de Empresa de Media Markt Vigo, considera necesario manifestar publicamente a súa indignación e rexeitamento polos despedimentos inxustificados na nosa tenda. Unha vez mais a Empresa decide prescindir de persoas traballadoras cualificadas e cunha longa traxectoria na compañía, coa excusa de que non son produtivos.
Esta multinacional está a afacerse a que os/as profesionais traballen baixo presión para conseguir os resultados que esperan, presionando para que vendan todo tipo de servizos sen importar como, e utilizando daquela as súas estatísticas para marcar a uns e premiar a outros inxustamente.
Este caso é aínda mais sanguento se cabe, xa que os despedimentos coinciden coa incorporación á tenda dos estudantes de Formación Dual, que aínda que deberían de completar a súa formación na Empresa normalmente son utilizados para substituír as persoas traballadoras.
Ademais estes días Media Markt presume nos medios de comunicación de incorporar algunhas tendas da competencia á súa marca e manter o emprego das mesmas, con todo vemos que non fai o mesmo cos traballadores/as que levamos anos dándoo todo por eles e situándoos como líderes no sector.
Solicitamos por iso que se reincorpore aos traballadores despedidos e o cesamento da presión sobre os/as compañeiros/as para conseguir os obxectivos. Con esta actitude a Empresa empeza mal o camiño para conseguir ser un "BEST PLACE TO WORK", e unha Empresa con traballadores que crean nela para dar o mellor servizo aos seus clientes.
BASTA DE DESPEDIMENTOS EN MEDIA MARKT, QUEREMOS TRABALLAR EN CONDICIÓNS E SEN PRESIÓNS INDISCRIMINADAS, SOMOS TRABALLADORES NON NUMEROS!










