Empeza a negociación no convenio Comercio Alimentación Coruña
Por fin recibimos por parte da patronal unha proposta, que aínda que está lonxe dun acordo, trata sobre os temas que nos preocupan e que desde CCOO valoramos que nos permite empezar a negociar:
- Un convenio a 6 anos (2022-2027): Para CCOO é excesivo nuns tempos de tanta incerteza e coas variacións actuais de IPC, sobre todo cando a patronal descarta unha posible revisión salarial.
- Eliminar o grupo IV: Crear un novo nivel no Grupo III (teriamos 4 niveis), cambiando o tempo mínimo para promoción de 3 a 4 anos. Neste novo nivel porían ás persoas que contraten e non teña unha experiencia demostrable de 3 anos no posto a cubrir.
Desde CCOO temos que analizar con calma a repercusión que pode ter, ademais NON PODEMOS ACEPTAR que o tempo para promocionar se suba de 3 a 4 anos. Ler máis
As primeiras sentenzas contra o Hotel Balneario do Tremo decretan a nulidade dos despedimentos por existir fraude de lei
Comisións Obreiras (CCOO) informa das primeiras sentenzas a favor dos traballadores e traballadoras despedidos do Hotel Balneario do Tremo, no concello de Brión. As tres resolucións xudiciais coñecidas ata o momento decretan a nulidade dos despedimentos por se considerar acreditada a existencia dunha fraude de lei para evitar cumprir cos dereitos de subrogación do persoal. CCOO, sindicato que asesora os demandantes, congratúlase desta vitoria xudicial e agarda que as restantes sentenzas que aínda están pendentes se pronuncien na mesma liña. Ler máis
CCOO advirte que o peche patronal anunciado pola Asociación de HostelerÃa da Coruña non pode afectar aos dereitos laborais
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia advirte que o peche patronal anunciado pola Asociación de Hostelería da Coruña para o vindeiro luns, 28 de marzo, non pode afectar aos dereitos laborais. O sindicato aclara que este paro non é unha folga de traballadores e traballadoras asalariadas, senón unha medida promovida polas empresas, de maneira que non pode ter impacto ningún nas condicións de traballo.
Entre outras cuestións, CCOO-Servizos recalca que esta decisión empresarial non pode repercutir nos salarios das persoas traballadoras nin no seu dereito ao descanso semanal ou día libre correspondente; tampouco cabe ningún desconto nas nóminas, nin modificación de xornada ou compensación con día de libranza establecido.
En resumo, a Federación de Servizos de CCOO non vai consentir que un peche patronal, xestionado de forma unilateral e por iniciativa das empresas, «se leve a cabo á custa do salario e o dereito ao descanso do persoal da hostalaría».
Por esta razón, CCOO-Servizos ponse ao dispor de todas as persoas traballadoras para que, en caso de incumprimentos, «nos comuniquen as incidencias co fin de denunciar ante a Inspección de Traballo as irregularidades ou ilegalidades cometidas».
Concentracións nas sedes das grandes empresas clientes de Contact Center
Ante a imposibilidade de negociación coa patronal do sector de Contact Center, CEX, e as actuais circunstancias que precarizan cada vez máis o persoal, ás organizacións sindicais non queda máis camiño que o de elevar o ton da protesta para dignificar estas condicións de traballo.
O 22 de febreiro comezaron as mobilizacións convocadas por CCOO e UGT con asistencia masiva por parte do persoal cuxa situación é límite ante o devir dos acontecementos. Estase a reclamar unha maior presión cara ás empresas para saír da precariedade na que están estancadas: baixos salarios, abusos das xornadas parciais, dificultade para conciliar, riscos psicosociais polos elevados niveis de esixencia dos servizos, etc.
Un dos graves problemas aos que se enfronta as traballadoras de Contact Center é que as subidas de prezos de produtos de consumo (IPC) non se está vendo reflectida en actualización salarial algunha o que esta provocando un empobrecimiento sistemático destas traballadoras. Tampouco se está cumprindo coa lei vixente no sector xa que non se está respectando a Lei de Teletraballo, de tal modo que as empresas seguen utilizando esta modalidade sen regulación e sen recoñecer o dereito a percibir unha compensación polos gastos xerados. E non se está respectando a lexislación sobre transparencia e igualdade retributiva e as empresas do sector continúan sen realizar auditorías.
Desde CCOO advírtese á patronal de que a escalada de tensión neste conflito non vai cesar ata que sente a negociar e adquira unha posición de respecto e de compromiso ante un persoal que xa non pode aguantar máis.










