Un nuevo camino para Madrid

Elecciones sindicales Madrid

Un nuevo camino para Madrid


Estamos aquí para ayudaros alcanzar para algunas y algunos un sueño,  construir un camino nuevo para vosotros, para nosotros es un camino conocido, más del 62% de los Delegados de Würth España ya estamos en él, amparados por  CCOO, disponemos de la mejor herramienta para contribuir a construir vuestro camino.


CCOO Servizos gaña as eleccións en Vigo MUTUA UNIVERSAL obtendo toda a representación

O mércores 22 de decembro tiveron lugar as votacións en Mutua Universal en Vigo, nas que participaban traballadores e traballadoras de Vilagarcía de Arousa e Vigo.

CCOO obtivo a totalidade da representación sindical, cun total de cinco representantes elexidos, encabezados por Carlos Vilariño.

A candidatura de CCOO foi a única que se presentou tras anularse a de UGT na proclamación provisional pola renuncia dun dos seus compoñentes, que non puido ser subsanada no prazo de 24 horas outorgado ad hoc pola mesa electoral para conseguir outro candidato.

Deste xeito, CCOO aumenta en dous o número de delegados respecto ao anterior mandato.

O traballo diario dos delegados e delegadas de CCOO en Mutua Universal foron determinantes para o apoio á candidatura. Dende CCOO queremos agradecer a todo o plantel de Vigo Mutua Universal a confianza depositada na nosa organización.



CCOO Servizos gaña as eleccións celebradas en A Coruña MUTUA MIDAT CICLOPS

CCOO gaña as eleccións celebradas o día 17 de dicembro no centro de traballo de A Coruña de MUTUA MIDAT CICLOPS con dous representantes elexidos dun total de tres. Presentanse tres candidadutas a dito proceso, tres persoas por CCOO e dúas como Grupo de traballadores/as independentes.

Dende CCOO queremos agradecer a toda o plantel de Mutua Midat Ciclops a confianza depositada na nosa organización.


CCOO Servizos gaña as eleccións celebradas en Ourense GRUPO CUEVAS

CCOO Servizos gaña as eleccións por segunda vez consecutiva en Ourense Grupo Cuevas con 9 representantes. Nesta ocasión unha parte da candidatura da CIG se integrou na de CCOO polo que esta última foi a única presentada.
Agradecemos a participación e a confianza posta na candidatura de CCOO


2015

2011

CCOO

9

9

CIG

-

0


CCOO Servizos gaña as eleccións en A Coruña MUTUA UNIVERSAL

CCOO gaña as eleccións celebradas o día 17 de dicembro no centro de traballo de A Coruña de Mutua Universal. CCOO pasa de non ter ningún representante, a unha delegada.

Parabéns para a nosa nova delegada Teresa. Dende CCOO queremos agradecer ás traballadoras/es de Mutua Universal, a confianza depositada na nosa organización.


Destacadas

Calendario de Traballo 2021

Vacacións estatais e por comunidade

Simuladores e utilidades

Simuladores e calculadoras laborais e sociais

Vídeos Servizos CCOO

Youtube de Servizos CCOO

Fotos Servizos CCOO

Páxina de Servizos CCOO en Flickr

Falacias e mentiras

Falacias, mentiras e verdades sobre os sindicatos

Histórico

Histórico de Artigos Servizos CCOO