CCOO Servizos obtén toda a representatividade nas eleccións de Primark (Santiago).
CCOO volveu gañar as eleccións sindicais na empresa Primark (Santiago). A candidatura da Federación de Servizos logrou a totalidade dos 9 membros do comité e fíxoo, ademais, mantendo os resultados das anteriores eleccións, sobre un censo de 130 persoas.
Cabe salientar que estes excelentes resultados son froito da boa labor sindical das delegadas e delegados de CCOO.
A Federación de
Servizos amosa o seu agradecemento a todas as persoas que
participaron neste proceso, en especial ás que, co seu voto,
depositaron a súa confianza en Comisións Obreiras.
Finalmente,
CCOO-Servizos dá os parabéns a todos os traballadores e
traballadoras da empresa, pois con este resultado renóvase o
compromiso adquirido nas urnas e ponse á súa disposición para
continuar defendendo os intereses laborais.
CCOO Servizos acada a maioría nas eleccións do 061 en Santiago
Nas eleccións parciais celebradas hoxe 30 de xuño no 061 de Santiago, CCOO Servizos acadou un total de tres delegados para un comité de cinco, quedando os outros dous repartidos entre UGT e CUT. Cabe salientar o avance suscrito pola Federación de Servizos xa que na anterior convocatoria foron elixidos dous delegados de CCOO.
Concentracion fronte á central de Inditex para denunciar a situación laboral das traballadoras de LEFTIES (Inditex)
Hoxe, 22 de xuño, ás 12:00h, realizouse unha CONCENTRACIÓN diante da sede principal de lnditex en Arteixo en protesta pola reiterada actitude de desprezo da Dirección da empresa cara aos nosos dereitos e en demanda das melloras que levamos reclamando infrutuosamente desde hai moito tempo:
CCOO reitéralle ao Santander a petición dunha reunión formal sobre a adquisición do Popular
A sección sindical de CCOO-Servizos no Banco Santander reiteroulle hoxe á entidade, como principal interlocutora, unha reunión formal para que informe sobre a adquisición do Banco Popular. O sindicato demanda «axilidade» para ter canto antes información «de primeira man» sobre este proceso, alén do que diariamente se publica nos medios de comunicación e que está a xerar «intranquilidade» nos cadros de persoal de ambas as dúas empresas. Segue
A Federación de Servizos de CCOO continúa a rolda cos grupos parlamentarios para tratar a situación do Banco Popular
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia continúa a rolda de conversas cos grupos parlamentarios galegos para abordar a problemática xurdida por mor da venda do Grupo Banco Popular. Tras as xuntanzas do martes con En Marea e PP, hoxe tivo lugar unha reunión con representantes do Grupo Parlamentario Socialista. Segue
.jpg)
.jpg)
A Federación de Servizos de CCOO reúnese cos grupos parlamentarios para tratar a situación do Banco Popular
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia está a manter reunións cos distintos grupos parlamentarios galegos para abordar a problemática xurdida por mor da venda do Grupo Banco Popular ao Banco Santander. Hoxe celebráronse reunións cos grupos políticos En Marea e Partido Popular , estando previsto para mañá, día 14, un encontro co PSG.
Nas xuntanzas de hoxe, a delegación de CCOO-Servizos estivo integrada pola secretaria xeral, Lucía Trenor, a responsable da sección sindical do Banco Popular, Carmen Peteiro, e polo responsable do sector financeiro de CCOO, Francisco Villares. Segue


Santander adquire Banco Popular: A principal preocupación é a defensa do emprego
Ante a difusión hoxe en medios da decisión da Xunta de Resolución Bancaria Europea da adxudicación de Banco Popular a Banco Santander, dende a Federación de Servizos de CCOO en Galicia queremos pór de manifesto que esta noticia debe significar a finalización da incerteza que levan padecendo nas últimas semanas os máis de 1.400 traballadores e traballadoras do Grupo Banco Popular en Galicia. Segue













