Firmado el Convenio Colectivo de Hostelería de Teruel
CCOO, UGT han firmado este mediodía con la patronal hostelera turolense el convenio colectivo provincial del sector. El convenio tiene como duración hasta el 31 de diciembre de 2016, con unos incrementos salariales del 0,8% para el año 2015 y del 1,5% para el año 2016.
CC.OO. pide aos partidos políticos que o grupo público TRAGSA-TRAGSATEC "deixe de ser a ETT do Goberno"
Representantes de Tragsa-Tragsatec de CC.OO. pedíronlle o pasado luns aos deputados de En Marea que contribúan a visibilizar os despedimentos da empresa pública e que presenten unha Proposición Non de Lei (PNL) na que se propoña que o Congreso inste ao Goberno a readmitir aos traballadores despedidos. Tamén lles entregaron un dossier informativo no que se recollen todas as fraudes de lei que levan denunciando diante da Inspección de Traballo.
David Bruzos e Yolanda Díaz, comprometéronse a atender as súas reivindicacións e aseguráronlles que os apoiarán na concentración que teñen previsto levar a diante da sede do Partido Popular na rúa Génova (Madrid) o vindeiro 26 de xaneiro.
Asimesmo representantes de Tragsa-Tragsatec de CC.OO. reuníronse co deputado no Parlamento de Galicia Abel Losada, quen lles trasladou que o Grupo Socialista no Parlamento de Galicia presentou o pasado día 13/01/16 unha Proposición Non de Lei para instar ao goberno que deteña o ERE do Grupo Tragsa.
CC.OO. ten previsto reunirse polo mesmo tema este xoves co grupo Mixto do Parlamento de Galicia e esperamos que nos vindeiros días nos reciba o BNG e o PP no Parlamento de Galicia.
|
|
|




.jpg)





