O persoal de Bosch Vigo concentrouse diante de Vodafone para denunciar o desmantelamento da empresa
O comité de empresa convocou unha concentración este xoves, 23 de xuño, para denunciar o desmantelamento de Bosch Service Solutions, a segunda empresa máis grande de Vigo por volume de persoal. A protesta tivo lugar ás 12 horas diante das oficinas dun dos meirandes clientes da compañía, Vodafone, situada na Zona Franca.
Reunión coa directora xeral de Relacións Laborais da Xunta
Reunión da Secretaria Xeral de CCOO Servizos Galicia, Lucía Trenor e a delegada da sección sindical CCOO de Bosch Service Solutions en Vigo, Juana Taboada con Elena Mancha directora xeral de Relacións Laborais da Xunta e Marta Mariño Regueiro, xefa territorial da Xunta en Pontevedra no marco dos contactos que se están mantendo coa Xunta de Galicia onde se está abordando a problemática existente en sectores coma o Contact Center.










