para las últimas novedades e información COVID-19; visita zonaasisa.es (sólo empleados).  
 
                                                                                                              
            @ccooasisa                  
sección.sindical@asisa.es                
afiliación                  convenio   
 
 
 

O sindicato iniciou unha rolda de contactos cos diferentes partidos políticos

CCOO rexeita o ERTE anunciado por Bosch en Vigo e reúne apoios dos partidos políticos

Yolanda Díaz ERTE Bosch

Comisións Obreiras rexeita o expediente de regulación temporal de emprego (ERE) anunciado polo centro de chamadas Bosch para as súas instalacións de Vigo. O sindicato iniciou unha rolda de contactos cos diferentes partidos políticos para recabar o seu apoio. O primeiro dos encontros tivo lugar este luns con Yolanda Díaz, deputada de En Marea no Congreso. Ler máis


Folga en Unísono

folga unísono

As centrais sindicais presentes a nivel estatal en UNISONO convocaron unha folga de 24 horas para o día de hoxe, a cal foi secundada cun 70% de participación a nivel estatal, sendo o seguimento nos tres centros existentes en Vigo de case un 80%.

A Federación de Servizosde CCOO, a través da súa delegada LOLS Gloria Alonso, estivo dende primeira hora diante do centro de traballo, sito na Avenida de Gran Vía en Vigo, informando ao persoal sobre os motivos que desembocaron nesta folga de 24 horas.

Dende CCOO consideramos que a precarización constante das condicións de traballo, o aumento progresivo de contratacións vía ETT, a nula vontade de negociación dun Plan de Igualdade por parte da empresa, o cambio constante e sen preaviso dos horarios e cambios de quendas, impedimentos constantes ante as solicitudes de reducións de xornada e un longo etc., son motivos máis que suficientes para paralizar o traballo nesta empresa e demostrarlle á dirección dunha vez por todas, que o persoal é o activo máis importante que posúen. Esperamos que esta xornada lle sirva á empresa como toque de atención para mellorar as condicións laborais reinantes en todos os seus centros de traballo e convoque ás distintas centrais sindicais para atopar unha solución negociada ante o conflito xerado.


Proclamadas as candidaturas da Federación de Servizos ao Congreso Extraordinario da Unión Comarcal de Arousa

Unión Comarcal Arousa CCOO

Quedan proclamadas as candidaturas para a asamblea electiva da Federación de Servizos de CCOO de Galicia ao Congreso Extraordinario da UC de Arousa. 
A asemblea electiva celebrarase no lugar e data seguintes:
 
  • Data de celebración: 10/07/2018
  • Lugar de celebración: Local UC CCOO R/ Alexandre Bóveda,2-2 36600 Vilagarcia (Pontevedra)
  • Horario: Fase Electiva: 13:00-17:00 horas.