CCOO-Servizos traballará para homoxeneizar condicións laborais en Inditex

Reunión de delegadas e delegados de CCOO Servizos do Grupo Inditex
O vindeiro 5 de abril terá lugar en Santiago a primeira reunión de representantes da Federación de Servizos de CCOO Galicia no Grupo Inditex, onde, entre outras cuestións, se analizará a situación da Negociación Colectiva das marcas que forman parte dese grupo (Zara, Berska, Stradivarius, Lefties, ...).
Unificar criterios en canto a negociación, potenciar a coordinación para aproveitar os recursos que o sindicato pon á súa disposición, mellorar a comunicación e aumentar a afiliación serán cuestións que centrarán o encontro.
Preténdese incrementar o compromiso de posta en común periódica aportando experiencias e intercambiando criterios sobre problemática laboral e traballo sindical, así como coñecer de primeira man a situación do personal de cada centro de traballo.
A Federación de Servizos celebra unha asemblea de delegados da provincia de Pontevedra
No día de onte e, do mesmo xeito que o día quince en Coruña, celebrouse una asamblea de delegados en Vigo, procedentes de toda a provincia de Pontevedra, co fin de tratar temas relacionados con negociación colectiva, creación de novas seccións sindicais, formación e ademais compartir as inquedanzas e aportacións de todas as delegadas e delegados.




CCOO Servizos gaña as eleccións en Lidl Pontevedra
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais
en Lidl Pontevedra. A candidatura presentada polo sindicato logrou
cinco representantes (tres no colexio de especialistas e dous no de
técnicos). Adianta, polo tanto, a CIG, que ficou con catro.
CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no
proceso electoral e a confianza depositada na candidatura deste
sindicato, que mellorou resultados respecto dos anteriores comicios,
cando conseguira tres delegados.
Comeza a Negociación Colectiva no sector do Comercio da Provincia de Pontevedra
Neste ano 2016 cómpre negociar dez convenios de comercio nesta provincia, dos que catro terminaron a súa vixencia en 2015 (Comercio Alimentación, Comercio retallista téxtil, Comercio do moble e Comercio de materiais de construción) e seis fixérono en anos anteriores (Comercio de bazares, Comercio metal e Comercio almacenistas de froitas, en 2014 e Comercio de peixe fresco 2010, Venda por xunto de tecidos 2012 e Comercio da pel 2009).
A primeira mesa que se constituiu foi a de Comercio de materiais de construción, na que despois de tres reunións a formulación da patronal segue sendo a conxelación salarial, baseándose na mala situación que segue soportando o sector. Por parte de CCOO as propostas seguen sendo a necesidade de incrementar as táboas salariais unida á inclusión de melloras normativas, sobre todo na xornada de traballo.
Tamén se constituiron as mesas de negociación dos convenios de Comercio do Moble e de Comercio Alimentación. No primeiro caso a representación de CCOO é o 100%, polo que xa fixemos entrega da nosa plataforma, do mesmo xeito que no segundo, no que pola parte social estaremos CCOO, CIG, UGT e USO, sen que ningún dos tres sindicatos teña a maioría absoluta.
Esperamos que axiña poidamos iniciar a negociación do convenio de Comercio retallista téxtil. Continuamos instando á patronal para que nos convoque.
Sobre os Convenios que remataron a súa vixencia en anos anteriores sen sequera constituírense as mesas de negociación, seguimos insistindo e ante a falta de resposta por parte da patronal estamos a estudar outro tipo de medidas legais para conseguir sacar da parálise na que están os traballadores e traballadoras afectados polos mesmos.
As formulacións que estamos a facer CCOO nas nosas plataformas baséanse na mellora dos salarios, das condicións de xornada de traballo para garantir a conciliación e na regulación da contratación.
CCOO Servizos interpón un conflito colectivo contra Adecco Outsourcing SAU (Eurocen)
Tralos sucesivos incumprimentos da normativa laboral por parte de Adecco Outsourcing SAU, a Federación de Servizos de CCOO decidiu interpor o conflito colectivo en solitario. O persoal vese obrigada a axustarse a unha bolsa de horas imposta unilateralmente pola empresa, así como a traballar unha xornada moi superior á das empresas onde presta servizo, relacionadas todas elas coa automoción e a loxística do devandito sector.
A noticia foi ben acollida polo persoal, que se atopa inmerso desde o pasado mes de xuño nun proceso de eleccións sindicais, torpedeado de maneira sistemática pola propia empresa e o sindicato afín FASGA, tamén presente en empresas como El Corte Inglés.
Esta demanda e o proceso de eleccións sindicais enmárcanse na ofensiva de Comisións Obreiras para dotar dun marco legal adecuado ás empresas do sector de Outsourcing ou multiservicios, esixindo que se apliquen os respectivos convenios sectoriais e evitar a precariedade laboral e salarial.
O traballo diario da candidatura e a maior parte do persoal en Adecco Outsourcing foron determinantes para continuar con este proceso.
Fórmanse as plataformas de Negociación Colectiva de Comercio e Hostalaría de Pontevedra
Período de consultas finalizado para o ERTE de Eurostars Gran Hotel La Toja
No día de onte pechouse o período de consultas de negociación do ERTE proposto pola empresa ARCATIS, S.L.U. para o Eurostars Gran Hotel La Toja.
Finalmente no período de negociación acordouse modificar as condicións expostas de inicio pola dirección da empresa e o acordo rematou cunha redución de xornada durante a tempada baixa, mantendo a xornada completa na alta (do 15 de maio o 15 de outubro).
Este acordo terá unha duración dun ano e afectará á totalidade do persoal que verá reducida a súa xornada no 50% (20 horas semanais) durante o período acordado, de febreiro ó 15 de maio e do 15 de outubro ó 31 de decembro. A pretensión é que esta redución sexa menor no caso de que a ocupación do hotel faga necesaria unha maior presenza de persoal e non suporá ningunha merma nas condicións económicas.
A representación de CCOO, a pesar das dúbidas que temos sobre as intencións que poida ter a dirección con respecto ó futuro deste emblemático hotel, decidimos asinar este acordo tendo en conta que a asemblea de traballadores e traballadoras maioritariamente manifestou aceptar as condición do mesmo. Dende o principio da negociación a presión exercida polos representantes de CCOO conseguiu que a direción da empresa mudara a súa proposta inicial e reducir as consecuencias negativas que este tipo de medidas teñen para as persoas traballadoras.












