CCOO Servizos gaña as eleccións en Vigo MUTUA UNIVERSAL obtendo toda a representación

O mércores 22 de decembro tiveron lugar as votacións en Mutua Universal en Vigo, nas que participaban traballadores e traballadoras de Vilagarcía de Arousa e Vigo.

CCOO obtivo a totalidade da representación sindical, cun total de cinco representantes elexidos, encabezados por Carlos Vilariño.

A candidatura de CCOO foi a única que se presentou tras anularse a de UGT na proclamación provisional pola renuncia dun dos seus compoñentes, que non puido ser subsanada no prazo de 24 horas outorgado ad hoc pola mesa electoral para conseguir outro candidato.

Deste xeito, CCOO aumenta en dous o número de delegados respecto ao anterior mandato.

O traballo diario dos delegados e delegadas de CCOO en Mutua Universal foron determinantes para o apoio á candidatura. Dende CCOO queremos agradecer a todo o plantel de Vigo Mutua Universal a confianza depositada na nosa organización.



Destacadas

Calendario de Traballo 2021

Vacacións estatais e por comunidade

Simuladores e utilidades

Simuladores e calculadoras laborais e sociais

Vídeos Servizos CCOO

Youtube de Servizos CCOO

Fotos Servizos CCOO

Páxina de Servizos CCOO en Flickr

Falacias e mentiras

Falacias, mentiras e verdades sobre os sindicatos

Histórico

Histórico de Artigos Servizos CCOO