O comité de empresa de Universal Support convocou este mércores mobilizacións na Coruña para denunciar as condicións laborais do centro de traballo

Mobilizacións para denunciar as condicións de traballo en Universal Support

concentración Universal Support

As principais denuncias do comité teñen que ver coa precariedade na contratación, xornadas parciais, modificación de horarios a criterio da empresa ou o elevado risco psicosocial. Por esta razón, concentráronse durante a mañá diante da oficina do Banco Santander no Cantón Grande, n.º 4 (A Coruña)

Actualmente, a empresa conta en toda a provincia da Coruña cun cadro de persoal de arredor de 1400 persoas e dedícase ao sector dos centros de chamadas. Pertence ao grupo Konecta, unha das principais multinacionais do sector, e dá servizo a clientes como o mencionado Banco Santander, Abanca ou Inditex, entre outros.

Elevada esixencia, pouca formación

Segundo o comité, o centro de traballo de Bergondo dispón duns douscentos traballadores e traballadoras para a campaña Superlínea do Banco Santander. Trátase dun cliente «moi esixente» que «non facilita as cousas» á hora de lles trasladar os procedementos aos axentes que prestan servizo nela, resumen desde o comité.

Isto indice, precisamente, nunha das cuestións que denuncian: o risco psicosocial. O comité denunciou xa en varias ocasións a «nula formación» que recibe o persoal, relacionado cos criterios de selección. «Fanse contratacións sen requisito específico ningún, nin coñecementos bancarios previos», apuntan, «porén, despois expóñense a unha presión e esixencias de calidade que nada teñen que ver coa formación recibida», conclúen.

Folga a finais de mes

Se non hai ningún avance canto ás demandas do persoal, o vindeiro 28 de xuño (venres) haberá unha folga parcial, con paros de dúas horas na quenda de mañá e outras tantas na da tarde, advirte a representación legal das persoas traballadoras.


Destacadas

Calendario Laboral 2024

Días festivos estatales y por comunidad 2024

Simuladores y utilidades

Simuladores y calculadoras, laboral y social

Fotos Servicios CCOO

Canal de Servicios CCOO en Flickr

Vídeos Servicios CCOO

Canal de Youtube de Servicios CCOO

Falacias y mentiras

Falacias, mentiras y verdades sobre los sindicatos

Histórico

Histórico de artículos de Servicios CCOO