Tras unha intensa negociación na que participamos CCOO, UGT e CIG, finalmente chegouse a un acordo para delimitar a Zona de Gran Afluencia Turística na cidade de Vigo, na que se permitirá a apertura do comercio todos os días do ano.
As primeiras propostas que se puxeron enriba da mesa, e que incluían zonas como a Gran Vía, a Rúa do Príncipe ou o Centro Comercial A laxe, tiveron por parte das tres centrais sindicais unha resposta contundente de negativa absoluta, sendo preciso realizar accións encamiñadas a conseguir que non se incluísen estas zonas e tampouco establecementos de mais de 300 metros cadrados. Solicitáronse concentracións ás portas do Concello de Vigo, a primeira delas onte pola mañá, que se mantivo como asemblea, á espera do desenvolvemento dunha reunión urxente.
2026 © CCOO SERVICIOS. Aviso Legal | Contacto