Xornada de loita na HostalarÃa e o Turismo


Os traballadores e traballadoras de Contact Center presionan á patronal para desbloquear o Convenio




Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña: non imos negociar retrocesos
O dÃa 23 de setembro, a representación da Federación de Servizos participou nunha nova reunión na mesa de negociación do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña.
Tras varias reunións anteriores de intercambio das plataformas de cada unha das partes, por fin entramos en materia.
Ao comezo da reunión, como declaración previa de intencións e tras analizar detalladamente a plataforma presentada pola patronal, a representación de CCOO deixou claro que a negociación deste convenio ten que pasar por mellorar as condicións do convenio, pero xamais entraremos a discutir condicións que empeoren o actual.
Nesta reunión empezamos a tratar artigo por artigo cada un dos diferentes capÃtulos do convenio, falando principalmente de contratación, categorÃas e xornada, adquirindo ademais o compromiso dunha reunión semanal para poder avanzar na negociación.
CCOO incidiu primordialmente nesta reunión no grave problema do sector con excesos de xornada e horas extras non abonadas, ademais da situación de precariedade dos contratos de tempo parcial, presentando solucións mediante a colocación de sistemas de fichaxes ou consolidación de horas complementarias para que a xente de tempo parcial poida chegar a ter unha xornada completa e regulada.
Convocatoria e normas do Proceso Congresual da Federación de Servizos de Galicia
O Consello Federal reunido o 14 de setembro de 2016 procedeu á convocatoria do II Congreso CC.OO. Servizos de Galicia, que terá lugar en Santiago de Compostela o trece de marzo de 2.017.
O proceso congresual iniciarase o dÃa doce de decembro de 2016 coas asembleas de primeiro nivel e, en sentido ascendente, culminará coa celebración do II Congreso da Federación de Servizos de Galicia.
Na documentación queda anexado con data 20.09.2016 o documento especÃfico de contido organizativo sobre o desenvolvemento do proceso .
Concentración en A Coruña polo Convenio Colectivo de Contact Center
Enmarcada na convocatoria de concentracións en todo o Estado, hoxe xoves 15 de setembro, manifestámonos na Coruña, a carón do Obelisco por:
-
Un salario digno
-
Estabilidade e seguridade laboral
-
Finalización da precariedade
-
Cumprimento da lei
-
Limitación das subcontratas
-
Desenvolvemento da igualdade e conciliación
Despois de dous anos negociando, a patronal ignora as propostas presentadas.

A Federación de Servizos convoca a unha asemblea aos seus delegados das comarcas de A Coruña e Ferrol
Coa finalidade de expoñer a situación actual da Federación de Servizos de Galicia aos delegados das comarcas de A Coruña e Ferrol, convócase unha asemblea que terá lugar o próximo 21 de setembro ás 11:00 no salón de actos do Edificio Sindical de A Coruña, Av. Alfonso Molina, km 2, planta baixa.
Nova reunión do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña
O mércores 6 de setembro mantivemos unha nova reunión do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña.
O punto primordial da reunión era pedir que a patronal clarificase a pseudo-plataforma que entregou na reunión anterior que non detallaba as pretensións que tiña respecto a cada un dos apartados negociables: salarios, xornada, contratación, etc.
Unha vez detallada a Plataforma Patronal, xa nos queda clara a súa intención de modificar todos os aspectos do convenio. Poñemos como exemplo das súas pretensións as seguintes:
CCOO Servizos e UGT conseguen desbloquear a situación das empregadas e empregados de ALN (Contact Center) Coruña
No dÃa de hoxe firmouse un ERE extintivo dentro de concurso cunha indemización de 20 dÃas por ano, que sufragará o FOGASA. Co fin de axilizar o proceso non se fixo uso do perÃodo de consultas e procedeuse a entregar ao xuÃz o acordo xa firmado. Deste xeito, as traballadoras e traballadores do ALN Coruña saen do "limbo" laboral no que se atopaban ata o de agora, xa que non tiñan carga de traballo, nin salarios, nin tampouco podÃan abandonar o seu posto.











