A Federación de Servizos de CCOO reúnese cos grupos parlamentarios para tratar a situación do Banco Popular
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia está a manter reunións cos distintos grupos parlamentarios galegos para abordar a problemática xurdida por mor da venda do Grupo Banco Popular ao Banco Santander. Hoxe celebráronse reunións cos grupos polÃticos En Marea e Partido Popular , estando previsto para mañá, dÃa 14, un encontro co PSG.
Nas xuntanzas de hoxe, a delegación de CCOO-Servizos estivo integrada pola secretaria xeral, LucÃa Trenor, a responsable da sección sindical do Banco Popular, Carmen Peteiro, e polo responsable do sector financeiro de CCOO, Francisco Villares. Segue


CCOO gaña por maiorÃa absoluta as eleccións en Coremain
A candidatura de CCOO gañou as eleccións sindicais celebradas hoxe en Coremain, despois dunhas eleccións parciais anteriores cun resultado parello para ambas candidaturas.
O sindicato revalidou a súa maiorÃa cun resultado de 7 delegados, correspondendo 6 para CIG, cun censo aproximado de 190 traballadoras e traballadores. Cabe salientar que foi un proceso con incidencias, derivado de expedientes iniciados pola empresa ao longo da campaña electoral.
CCOO considera moi importante o triunfo nestas eleccións pois
permite continuar na liña de traballo dos últimos meses ademais de
constituÃr un claro recoñecemento ao traballo desenvolvido.
Por
último, agradecer a todo o persoal a confianza depositada na
candidatura das Comisións Obreiras.
Xuntanza da estrutura da Federación de Servizos de Galicia coa nova Dirección Provisional
Despois da disolución da anterior executiva da Federación de Servizos de Galicia, hoxe martes, seis de agosto celebrouse unha xuntanza en Santiago á cal asistiu a estrutura cos integrantes da Dirección Provisional.
Tratáronse diversos temas, entre os cales están a situación da Federación, a atención sindical e a organización do traballo ata o Congreso da Federación que se celebrará o próximo quince de marzo.
Na
imaxe, e de esquerda a dereita, algúns dos integrantes da
Dirección Provisional:
Alejandro Salvador (apoio Organización), Benito Gutiérrez
(presidente da Dirección Provisional), Francisco Villares
(responsable de Organización) e Raquel Blanco (apoio Acción
Sindical).

CCOO de Tragsatec y Tragsa acudirá al Parlamento Europeo
#StopEreTragsa: Resumen de las últimas actuaciones
A continuación hacemos un resumen de las últimas acciones en las que participó CCOO Tragsatec contra el ERE en el Grupo Tragsa:
CC.OO. pide aos partidos polÃticos que o grupo público TRAGSA-TRAGSATEC "deixe de ser a ETT do Goberno"
Representantes de Tragsa-Tragsatec de CC.OO. pedÃronlle o pasado luns aos deputados de En Marea que contribúan a visibilizar os despedimentos da empresa pública e que presenten unha Proposición Non de Lei (PNL) na que se propoña que o Congreso inste ao Goberno a readmitir aos traballadores despedidos. Tamén lles entregaron un dossier informativo no que se recollen todas as fraudes de lei que levan denunciando diante da Inspección de Traballo.
David Bruzos e Yolanda DÃaz, comprometéronse a atender as súas reivindicacións e aseguráronlles que os apoiarán na concentración que teñen previsto levar a diante da sede do Partido Popular na rúa Génova (Madrid) o vindeiro 26 de xaneiro.
Asimesmo representantes de Tragsa-Tragsatec de CC.OO. reunÃronse co deputado no Parlamento de Galicia Abel Losada, quen lles trasladou que o Grupo Socialista no Parlamento de Galicia presentou o pasado dÃa 13/01/16 unha Proposición Non de Lei para instar ao goberno que deteña o ERE do Grupo Tragsa.
CC.OO. ten previsto reunirse polo mesmo tema este xoves co grupo Mixto do Parlamento de Galicia e esperamos que nos vindeiros dÃas nos reciba o BNG e o PP no Parlamento de Galicia.
|
|
|
Folga do persoal de Tragsatec para rexeitar o ERE no Grupo Tragsa - #StopEreTragsa
O persoal de Tragsatec irá á folga mañá martes, 12 de xaneiro, para amosar o seu rexeitamento ao ERE no Grupo Tragsa. CCOO denuncia que a execución do ERE comezou en pleno Nadal, cando, tras recibir o aval do Tribunal Supremo, foron notificados os primeiros despedimentos.
Mediante este despedimento colectivo, Tragsa prevé prescindir de 1.336 traballadores e traballadoras, 117 en Galicia. Isto, malia que a empresa pública ten reservas voluntarias por valor de 261 millóns de euros, critica Comisións, que concitou a unanimidade da oposición polÃtica en Galicia contra o ERE.
CCOO denuncia que mentres isto acontece, a empresa segue aboándolles aos seus directivos e mandos intermedios unha paga por obxectivos denominada «dirección por obxectivos». Ademais, nos últimos meses seguiuse contratando persoal eventual en todas as oficinas da empresa no estado, o que para o sindicato é a proba de que aumentou a carteira de pedidos da compañÃa.
Por último, o sindicato lembra a «millonaria» débeda das Administracións públicas co grupo Tragsa, que superaba os 460 millóns o pasado mes de novembro. Débeda, ademais, sete veces superior á previsión de perdas acumuladas entre 2014 e 2019.
+ Para máis información:
Claudio Landeira, delegado de CCOO en Tragsatec: 649 684 220
FIRMA ESTA PETICIÓN: Parar el ERE de la empresa pública TRAGSA y su filial TRAGSATEC, empresa dependiente del Ministerio de Agricultura
La dirección de RR.HH. de esta empresa pública muestra la más absoluta insensibilidad, crueldad y falta de empatÃa -rozando la psicopatÃa social- que, con más de 143 millones de euros en reservas (261 millones en el Grupo) -conseguidos tras 35 años consecutivos de beneficios gracias al trabajo de todas y todos- esté dispuesta a despedir, en plenas fiestas navideñas y por burofax en la mayorÃa de los casos, a cientos de compañeras y compañeros jugando con su sustento y el de sus familias cuando saben que no es necesario hacerlo y reconocen que no solucionará los problemas.
Firma aquÃ: https://t.co/ZhwTp6VRjf












