A negociación de CCOO consegue que a dirección mude a súa proposta inicial

Período de consultas finalizado para o ERTE de Eurostars Gran Hotel La Toja

No día de onte pechouse o período de consultas de negociación do ERTE proposto pola empresa ARCATIS, S.L.U. para o Eurostars Gran Hotel La Toja. 

Finalmente no período de negociación acordouse modificar as condicións expostas de inicio pola dirección da empresa e o acordo rematou cunha redución de xornada durante a tempada baixa, mantendo a xornada completa na alta (do 15 de maio o 15 de outubro). 

Este acordo terá unha duración dun ano e afectará á totalidade do persoal que  verá reducida a súa xornada no 50% (20 horas semanais) durante o período acordado, de febreiro ó 15 de maio e do 15 de outubro ó 31 de decembro. A pretensión é que esta redución sexa menor no caso de que a ocupación do hotel faga necesaria unha maior presenza de persoal e non suporá ningunha merma nas condicións económicas. 

A representación de CCOO, a pesar das dúbidas que temos sobre as intencións que poida ter a dirección con respecto ó futuro deste emblemático hotel, decidimos asinar este acordo tendo en conta que a asemblea de traballadores e traballadoras maioritariamente manifestou aceptar as condición do mesmo. Dende o principio da negociación a presión exercida polos representantes de CCOO conseguiu que a direción da empresa mudara a súa proposta inicial e reducir as consecuencias negativas que este tipo de medidas teñen para as persoas traballadoras.


Excelentes resultados electorais de CC.OO. en Comercio e Hostalaría na comarca de Santiago

A continuación detallamos os resultados electorais obtidos na segunda metade de 2015, nos sectores de Comercio e Hostalaría:


CCOO

UGT

CIG

DISTRIBUCIONES CAMBA:

2

1


WURTH ESPAÑA:

2

3


LIDL SUPERMERCADOS S.A.U:

3

3

3

HOTEL UNIVERSAL:

1



CUEROS NOROESTE:

1



MAQUINARÍA AGRÍCOLA DEL NOROESTE:

1



GALEÓN TOURAL:

1



COMPAÑÍA GALLEGA DE SUPERMERCADOS:

1



SPORT ZONE:

1



RESTAURANTE CASA LORENZO:

1



HIPERXEL:

1



RESTAURANTE LOS ROBLES:

1



HIJOS DE C.V OTERO:

2

1



En marzo celebraranse eleccións sindicais nun importante proceso de comité, na empresa ECOMÁS (GADIS), de cuxos resultados informaremos oportunamente.

Dende CCOO queremos agradecer ás traballadoras/es a confianza depositada na nosa organización.


Un ERTE pechará o Gran Hotel da Toxa durante seis meses

Os membros do comité de empresa do Gran Hotel da Toxa recibiron a semana pasada a documentación que acredita a intención da dirección de impulsar un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), que afecta a 75 membros da plantilla, e que pechará o único hotel-balneario de cinco estrelas de Galicia entre o 1 de febreiro e o 15 de maio; e, de novo, despois do verán, do 15 de outubro ata o remate de decembro. 

Baseándose nunhas previsións económicas que estiman perdas para eses seis meses, os representantes de Hotusa anuncian a súa intención de xestionar o establecemento como un hotel estacional durante este ano 2016. Está previsto que o peche se comunique de maneira oficial ao conxunto dos traballadores o luns.