Santander adquire Banco Popular: A principal preocupación é a defensa do emprego
Ante a difusión hoxe en medios da decisión da Xunta de Resolución Bancaria Europea da adxudicación de Banco Popular a Banco Santander, dende a Federación de Servizos de CCOO en Galicia queremos pór de manifesto que esta noticia debe significar a finalización da incerteza que levan padecendo nas últimas semanas os máis de 1.400 traballadores e traballadoras do Grupo Banco Popular en Galicia. Segue
A Federación de Servizos celebra unha asemblea de delegados da comarca de Santiago
Onte, 10 de maio, celebrouse unha asemblea de delegadas/os da comarca de Santiago para presentar o proxecto da Executiva da Federación de Servizos. A participación activa de todas las persoas asistentes propiciou un enriquecedor intercambio de ideas e inquedanzas, ademais de consenso sobre as liñas de traballo propostas pola SecretarÃa Xeral e Executiva desta Federación.
Como ideas principais do proxecto para implementar no futuro máis inmediato cabe destacar a comunicación categorizada e fluÃda entre as diversas estruturas asà como o traballo en equipo ordenado en función das distintas áreas e sectores, co fin de aproveitar e compartir a experiencia entre os mesmos nesta nova etapa.
Desde a Federación de Servizos queremos agradecer a asistencia á xuntanza, e o empeño das delegadas e delegados da Comarca de Santiago para defender un dos principios básicos de CCOO, que é a defensa do emprego digno e de calidade.


Primeiro de Maio en Galicia: que a recuperación chegue xa a toda a cidadanÃa
Miles de persoas participaron nas manifestacións que CCOO e UGT convocaron en toda Galicia (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, VilagarcÃa e Vigo) para conmemorar este Primeiro de maio e reclamaron que a recuperación chegue xa ao conxunto da cidadanÃa. Para isto, cómpre que os gobernos, o central e galego poñan riba da mesa todos os mecanismos necesarios para garantir emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social.











