Suspendida a folga no Lefties do Centro Comercial Gran VÃa de Vigo tras lograr o comité a readmisión do despedido
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia informa da suspensión da folga prevista para hoxe e mañá no Lefties do Centro Comercial Gran VÃa de Vigo, coa que se pretendÃa lograr a readmisión dun compañeiro. Tras unha «intensa» negociación, os sindicatos CCOO, CIG e UGT conseguiron na tarde do xoves que a empresa readmita o traballador despedido noutra das tendas do grupo (a da rúa Progreso), pero conservando as mesmas condicións laborais. Este acordo determina a desconvocatoria da folga. O vindeiro martes, dÃa 27, haberá unha reunión para pechar os flocos económicos da readmisión.
CCOO, que ten a maiorÃa no comité de empresa, congratúlase polo acordo acadado. O sindicato salienta a unidade de acción sindical, que contribuÃu a que este conflito se resolvera positivamente para o traballador afectado. «Neste conflito puxemos en valor a solidariedade das persoas coa situación inxusta que padeceu un compañeiro», insisten desde Comisións.
Antecedentes
CCOO e o resto dos sindicatos afirmaron en todo momento que consideraban «inxusto e arbitrario» o despedimento dun traballador do Lefties de Gran VÃa, que tiña a responsabilidade de segundo encargado e contaba, ademais, co apoio dos seus compañeiros e compañeiras.
Como reacción, o comité de empresa xa convocara concentracións os pasados dÃas 12, 13 e 14 para pedir a readmisión. Ao non haber unha resposta «satisfactoria» á reivindicación, decidiuse convocar a folga, agora xa sen efecto grazas ao acordo.
Folga no Lefties do Centro Comercial Gran VÃa de Vigo para esixir a readmisión do compañeiro despedido
Tras as concentracións realizadas os pasados dÃas 12, 13 e 14 de febreiro contra o despedimento de un traballador do Lefties do Centro Comercial Gran VÃa de Vigo, e non tendo unha resposta satisfactoria por parte da dirección da empresa, o comité de empresa decidiu convocar unha folga para este centro de traballo os próximos venres 23 e sábado 24.
Para CCOO, trátase dun despedimento «inxusto e arbitrario» para o que se utilizaron argumentos «surrealistas» como que «estivo facendo unha postal de felicitación en tempo de traballo». Este traballador é o segundo encargado e conta co apio dos seus compañeiros e compañeiras, que non entenden os motivos que puideron levar a dirección da empresa a tomar unha decisión «tan drástica e inxusta».
O comité de empresa e o persoal de Lefties, que pertence ao grupo Inditex, instan a empresa que mude a decisión adoptada e readmita o compañeiro despedido.
+ Para máis información:
Jorge Carneiro, da Federación de Servizos de CCOO: 660 106 961
Non aos depedimientos en Inditex!!
Precariedade e cambio tecnolóxico: dous retos para a recén constituÃda Agrupación de Servizos Técnicos e Administrativos
O II Congreso da Federación de Servicios de CCOO determinou nos seus
relatorios e Estatutos que o Consello Federal aprobarÃa durante o
presente mandato a integración de Servizos Administrativos e Servizos
Técnicos. Cabe salientar que a nova agrupación recolle os sectores de:
Servizos Administrativos, Seguros e Mutuas de Accidentes de Traballo,
Planificación e ConsultorÃas (TIC), Contact Center, EnxeñerÃas e
Inspección Técnica e Intermediación Laboral.
Esta nova estrutura
presenta aÃnda máis diversidade tendo en conta os distintos sectores que
recolle a nova agrupación, ademais de retos organizativos e de acción
sindical máis amplos, tales como combatir a precariedade e dotarse de
novas ferramentas ante o cambio tecnolóxico e a dixitalización no
traballo.
A celebración deste Plenario de integración supón unha
continuidade do proceso iniciado en 2014, asà como unha importante
ampliación do seu ámbito funcional e sectorial que dá lugar a unha nova
realidade organizativa que require novos órganos de dirección. Neste
caso, unha vez realizadas as votacións queda elixido como responsable da
coordinadora da agrupación Héctor Ortega Sánchez.
O presente
plenario debe servir para integrar, ilusionar, comprometer e construÃr
un sector que integrará unha ampla gama de subsectores, con
heteroxeneidade nas súas caracterÃsticas e maior variedade dos seus
modelos de negociación colectiva.










