Santander adquire Banco Popular: A principal preocupación é a defensa do emprego
Ante a difusión hoxe en medios da decisión da Xunta de Resolución Bancaria Europea da adxudicación de Banco Popular a Banco Santander, dende a Federación de Servizos de CCOO en Galicia queremos pór de manifesto que esta noticia debe significar a finalización da incerteza que levan padecendo nas últimas semanas os máis de 1.400 traballadores e traballadoras do Grupo Banco Popular en Galicia. Segue
Xuntanza de delegadas/os e afiliadas/os de Paradores de Galicia
O pasado luns 5 de xuño tivo lugar nos locais de CCOO en Monforte de Lemos unha reunión de delegados e delegadas de Paradores de Galicia na que participamos a Sección Sindical de Galicia e delegados, delegadas, afiliados e afiliadas dos Paradores das provincias de Lugo e Ourense.
Nesta reunión valoramos o plan de traballo desta Sección Sindical e debatemos sobre os problemas máis importantes que afectan ó persoal destes Paradores de cara a buscar solucións para cada un deles. Segue
CCOO Servizos revalida a súa maiorÃa nas eleccións de Allianz en Galicia
O pasado oito de maio tiveron lugar as votacións de Allianz en todo o Estado, e en Galicia para elixir aos delegados dos centros de Coruña, Vigo, Lugo e Ourense. Nesta ocasión o persoal volveu a escoller de forma maioritaria a candidatura de CCOO.
Primeiro de Maio en Galicia: que a recuperación chegue xa a toda a cidadanÃa
Miles de persoas participaron nas manifestacións que CCOO e UGT convocaron en toda Galicia (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, VilagarcÃa e Vigo) para conmemorar este Primeiro de maio e reclamaron que a recuperación chegue xa ao conxunto da cidadanÃa. Para isto, cómpre que os gobernos, o central e galego poñan riba da mesa todos os mecanismos necesarios para garantir emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social.












