CCOO Servizos gaña de novo as eleccións en Generali Ourense e Vigo
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais celebradas nos centros de Generali en Ourense e Vigo, que se celebraron no dÃa de hoxe. A candidatura proposta polo sindicato logrou un delegado en Ourense, mentres que CIG, que presenteou candidatura por primeira vez, non conseguiu representación. En canto a Vigo obtivo un delegado e cada unha das dúas oficinas.
CCOO Servizos gaña as eleccións en Catalana Occidente Vigo-Centro
A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO logrou o/a único/a delegado/a elexible no proceso electoral do pasado dÃa 19 de setembro. Cabe salientar que tanto os tres delegados de Coruña como os tres de Vigo representan a CCOO nas devantitas circunscricións.
Xuntanza da estrutura da Federación de Servizos de Galicia coa nova Dirección Provisional
Despois da disolución da anterior executiva da Federación de Servizos de Galicia, hoxe martes, seis de agosto celebrouse unha xuntanza en Santiago á cal asistiu a estrutura cos integrantes da Dirección Provisional.
Tratáronse diversos temas, entre os cales están a situación da Federación, a atención sindical e a organización do traballo ata o Congreso da Federación que se celebrará o próximo quince de marzo.
Na
imaxe, e de esquerda a dereita, algúns dos integrantes da
Dirección Provisional:
Alejandro Salvador (apoio Organización), Benito Gutiérrez
(presidente da Dirección Provisional), Francisco Villares
(responsable de Organización) e Raquel Blanco (apoio Acción
Sindical).

CCOO Servizos revalida a súa maiorÃa en Mutua Gallega A Coruña
Nas eleccións celebradas no dÃa de onte en Mutua Gallega de A Coruña as traballadoras e traballadores revalidaron a súa confianza, repetÃndose os mesmos datos que no comité anterior, no cal CCOO obtivo cinco delegados, metres que UGT acadou catro.









