BBVA: non máis despedimentos, non hai razóns
BBVA despediu a 50 traballadoreslas nos últimos meses, polo que o banco considera"baixa produtividade, intencionada e voluntaria". Nada máis lonxe da realidade: o banco obtivo este ano uns beneficios de 3. 475 millóns de euros, todo para manter unhas inmorais retribucións de 2. 200 Directivos, faltos de talento para o posto que desempeñan e que son incapaces de acadar as cifras de beneficios que xustifiquen as súas altÃsimas remuneracións.
Están preparando o terreo para acelerar o "Banco Dixital"e atentar agora contra o emprego de todos e todas nós. A Reforma Laboral de 2012 favorece a impunidade empresarial para levar a cabo estes despedimentos inxustos, que o banco, nos xulgados, recoñece como improcedentes, pero que deixan na rúa a 50 familias. Ademais, con estes despedimentos,"pinga a pinga", BBVA persegue manter amedrentado a todo o seu persoal.
Ante esta actitude dos novos responsables de Recursos Humanos en BBVA, que destrúe emprego, o conxunto da representación sindical de BBVA mobilizámonos co cadro de persoal para ir desenvolvendo as accións necesarias ante a sociedade, que deixen en evidencia o falso discurso de Ética e Responsabilidade Social que manexa o BBVA. Atentar contra o emprego é agredir ao personal asà como unha irresponsabilidade social.


Contra o abuso patronal en ABANCA. Non aos despedimentos
- A asignación duns obxectivos comerciais para 2017 incompatibles coa evolución prevista dos mercados en que operamos e a nosa cota nos mesmos.
- A arbitrariedade coa que se están producindo despedimentos e a posta "en seguimento" de varios compañeiros, ignorando as circunstancias laborais (baixas prolongadas, vacantes non cubertas) e rebaixando o logro de obxectivos ata que "din o que quero".
CCOO condena o asasinato dun compañeiro no seu centro de traballo, vÃtima dun disparo por parte dun cliente
A vÃtima traballaba como director nunha oficina de Caixabank. CCOO convocou un paro de 5 minutos e concentracións á porta dos centros de traballo mañá, 24 de Novembro ás 12:00h.
Firmado o acordo de Despido Colectivo Grupo Banco Popular
Na reunión de 5 de novembro, ás 19:15 horas, firmouse o acordo do Expediente de Despido Colectivo dos Bancos Popular e Pastor.








